Pisa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pisa é un concello ("comuna") da región Toscana e mais é a capital da provincia homónima.
Fundada presumiblemente como colonia grega, foi unha cidade etrusca e despois colonia romana no ano 180 a.C..
Do século IX ó século XI convertiuse nunha das repúblicas mariñeiras, combatendo ós árabes polo control do Mediterráneo e rivalizando con Xénova e Venecia.
Pisa tivo un crecemento posterior do poder económico e político debido á adquisición de posesións e dereitos comerciais no leste do Mediterráneo durante o periodo das cruzadas. Durante as loitas con Xénova pola posesión de Córsega e Sardeña, Pisa foi vencida polos xenoveses na batalla de Meloria no 1284.
Como cidade xibelina, nos s. XIII e s. XIV estivo de arreo en loita con Florencia, á cal venceu no 1406.
Algúns dos monumentos máis importantes de Pisa é a catedral (1068-1118), de estilo románico coa fachada de mármore, portas de bronce de Bonnano Pisano e o púlpito de Giovanni Pisano) e a sonada torre de Pisa, do s. XII, de 55 metros de alto, que se caracteriza pola súa inclinación, que comezou a producirse xusto despois da súa construcción.
[editar] Ligazóns externas
- Sitio institucional: http://www.comune.pisa.it/