Pre-Cambriano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tamén chamado Pre-Cámbrico, é o nome tradicional que se dá ao conxunto dos éons anteriores ao Fanerozoico: o Proterozoico, o Arqueano e o Hadeano. A pesar de ser un termoobsoleto, aínda consta do Cuadro Estratigráfico Internacional da Comisión Internacional sobre Estratigrafía da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas. Recebeu tamén os nomes de Azoico ("sen vida") e Criptozoico ("vida oculta"), actualmente en desuso.
O Pre-Cambriano comprende desde o aparecimento da Terra, hai case 4.500 millóns de anos, ata o xurdimento dunha larga cantidade de fósiles, que marca o comezo do período Cambriano da era Paleozoica do éon Fanerozoico, hai case 540 millóns de anos.
Sábese pouco dos eóns precambrianos, a pesar de corresponderen a sete oitavos da vida da Terra, xa que as modificacións a que a crosta terrestre foi submetida posteriormente dificultan a interpretación dos vestixios dos mesmos. A maioría dos coñecementos actuais débese a descubertas efectuadas nas últimas catro ou cinco décadas. Foi no Pre-Cambriano cando aconteceron algúns dos eventos máis importantes da historia da Terra:
- o inicio do movemento das placas tectónicas;
- o inicio da vida na Terra;
- a aparición das primeiras células eucarióticas;
- a formación da atmosfera;
- a aparición dos primeiros animais e vexetais.