Rabindranath Tagore
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rabindranath Tagore, coñecido tamén, as veces, con o nome de Gurudev, é o nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर) (Calcuta, 6 de maio de 1861- Santiniketan, Bolpur, 7 de agosto de 1941) escritor, poeta, dramaturgo e filósofo indio.
Mentres Gandhi, con a desobedienza civil, organizou o nacionalismo indio sen botar no mar aos ingleses, Tagore propuxo conciliar e integrar Oriente e Occidente.
Obra difícil, para que estaba preparado polo exemplo do seu avó qu en 1928, ao fundar a Unión de crentes en Deus, integrou o monoteismo cristián e o politeísmo hindú.
Fillo dun santo e rico bramán, estudou no Reino Unido, onde anglicizou o proprio apelido (Thakur).
Volto con a convición de que os ingleses saben ben protexer unha India necesitada de protección, dedicouse á administración das súas terras e a toda forma de arte.
En lírica destinada a canto, que el mesmo musicou e traduciu ao inglés (Oferta de canto, 1913); en traballos teatrais enriquecidos con intermedios líricos (A vinganza da natureza, 1884), en novelas (O naufraxio, 1906), in memorias, ensaios e conferencias, Tagore afirmou o propio amor pola natureza e por Deus, as súas aspiracións de fraternidade humana, a propia paixón (mesmo erótica), a atracción da infancia.
Exerceu unha enorme fascinación no mundo occidental, que o recoñeceu con o Premio Nobel de Literatura no ano 1913.
[editar] Santiniketan
En 1901 trasladouse a Santiniketan, población situada en Bengala Occidental, onde puxo en funcionamento unha escola experimental, sita en propiedades do seu pai. Esta escola, estabelecida segundo a tradicional estructura *Brahmacharya de estudantes vivindo ao lado do seu Gurú nunha comunidade autosuficiente, foi un imán para grupos internacionais de estudantes, artistas, lingüistas e músicos. Tagore dedicou unha prodixiosa enerxía en obter fondos para a escola, utilizando por exemplo o importe concedido no Premio Nobel. Hoxe a institución é coñecida como Universidade Visva Bharati (en bengalí: বিশ্বভারতী: India para o mundo), sob control do goberno indio.
[editar] Obra (selección)
En galego:
- O carteiro do rei. Malini (trad. X. Cuns Lousa) O Castro-Sada: Edic. do Castro. 1976 - ISBN 84 85134 68 0
- Onde a alma vive sem medo (trad. X.Mª Monterroso Devesa), in Bolet.Centro de Estud. Melidenses, nº 3 (xuño 1985)
- A Verdade, fundamento do ser, in O Correo da UNESCO (febreiro 1994)