Rosa Luxemburg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rosa Luxemburg, tamén coñecida como Rosa Luxemburgo (Zamość, Polonia; 5 de marzo de 1870 - Berlín, Alemaña; 15 de xaneiro de 1919), foi unha militante social-comunista alemá, teórica da economía política e da revolución.
Índice |
[editar] Biografía
Rosa Luxemburg (en polaco Róża Luksemburg) naceu o 5 de marzo de 1870, na vila de Zamość, Polonia - país que naquela altura formaba parte do Imperio zarista - non lonxe de Lublin. Morreu o 15 de xaneiro de 1919, logo da revolución espartaquista en Alemaña. Formaba parte dunha famila de comerciantes xudeos. Completou con brillantez estudos no liceo de Varsovia.
En 1888 entrou como militante nun partido socialista revolucionario polaco: Proletariado. O seu activismo obrigaa a fuxir, en 1889 a Suíza.
En Zurich, retoma os estudos, que conclúe cunha tese de Economía Política sobre a industrialización de Polonia (publicada en 1898). Alí tamén coñecera a un grupo de exiliados polacos e rusos: Plejanov, Parvus, Warski, Leo Jogiches, unindose sentimentalmente con este último. Warski e Jogiches funda en 1892 o Partido Socialista Polaco. En 1893, lanza o primeiro número do xornal "La cause ouvrière" (A causa obreira) que aparece en París. No mesmo ano participa como informante no Congreso da IIª Internacional que se celebra na mesma cidade de Zurich, onde se opón aos socialistas polacos. No 1894 cofunda con Leo Jogiches o SDKPiL, Partido social-demócrata do reino de de Polonia e Lituania (esquerda polaca).
[editar] En Alemaña
Adquire a nacionalidade alemá en 1898, para o cal efectúa un matrimonio de conveniencia con Gustav Lueveck, aínda que segue unida a Jogiches. Instalase no país xermano, militando no Partido Social Democrático Alemán (SPD) e na IIª Internacional. Animará a ala esquerda reclamandose herdeira das teorías de Karl Marx. Colabora na prensa socialista, dirixindo o "Sâchoise Arbeitzeitung". Logo trasladase para Berlín, colabora con Karl Kautsky, e escrebe no "Neue Zeit". Reafirma a súas cualidades de teórica socialismo pola coherencia e rigorosidade das análises, polemizando con os reformistas, que encabezaba Eduard Bernstein na Alemaña ou Alexandre Millerand na Franza. Precisamente en 1900 publica Reforma ou Revolución, na que ataca a Berstein. En 1903 despois do Congreso de Lübeck, enemízase con a facción centrista, dirixida por Kautsky e August Bebel, o que a converte en líder da esquerda socialista. En 1904 foi encarcerada por ofensas ao Kaiser, ao tempo que comeza a polemizar con Lenin sobre principio organizativos, que este expuxera en Que facer ?.
En 1905, cando a Revolución estala en Rusia, Rosa Luxemburg torna a Varsovia, para participar nos movementos. Defende a folga de masas como forma de concienciación da clase obreira. Sacará consecuencias, tanto tácticas como estratéxicas destes meses revolucionarios. Detida en marzo de 1906, con Jogiches, salvase de ser afusilada. É posta en liberdade, pero asignada a vivir en Finlandia - tamén parte do Imperio zarista -. Alí acaba de escreber Folga de masa, partido e sindicatos.
Volta a Alemaña no mesmo ano de 1906. No ano seguinte asiste ao Congreso da IIª Internacional en Stuttgart, onde se discute a postura do socialismo ante unha guerra xeral xa no horizonte. No congreso fai as paces con Lenin, que lle ofrece un posto no grupo ruso. Nos anos seguintes está un tanto marxinada dentro do seu partido, que opta pola integración da clase obreira na sociedade capitalista. Porén en 1908 comeza a dar clases de economía na Escola do partido, substituíndo a Rudolf Hilferding. Dos esquemas para estas aulas sairá en 1916 a súa Introducción á Economía Política.
De 1910 data a ruptura definitiva con Karl Kautsky. Desde esa data é cada vez maior a foxa entre a ala centrista do partido, con Bebel e Kautsky á cabeza, e a esquerda na que se aliñan Karl Liebknecht, Clara Zetkin, F. Mehring e a mesma Rosa.
[editar] Oposición á Guerra Mundial
A evolución do SPD conduce a que a dirección apoie os créditos de guerra, solicitados polo goberno alemán, en 1914.
A oposición á guerra, con outros, de Rosa Luxemburg e Liebknecht, levaa ser detida en febreiro de 1915. Liberada en febreiro de 1916, volta máis unha vez a ser detida en xullo, permanecendo na cadea, en Breslau, ata o 8 de novembro de 1918, cando o estalido da revolución alemá, acabada xa a guerra, fai que sexa liberada.
Durante este período, Rosa é excluída do SPD, de xeito que organiza clandestinamente, en 1917, o movemento revolucionario Liga espartaquista, antecesor do Partido Comunista Alemán (KPD). Redacta o programa e precisa a táctica da nova organización. Escrebe numerosos textos nos que aplaude ou critica a Revolución rusa, que está en plena efervescencia, desde marzo dese ano.
[editar] A Revolución alemá
- Ver artigo principal: Revolución de Novembro.
Á caída de Guillerme II, o Kaiser, rematada a Iª Guerra Mundial, a social-democracia, forma na Alemaña un goberno socialista, con Scheidemann e Ebert á cabeza. O espartaquismo divídese, a Luxemburgo e Liebknecht, fican en minoría, en tanto a maioría decide fundar o Partido Comunista Alemán, decidindo efectuar unha insurrección de estilo soviético. Iniciada a revolta o 5 de xaneiro de 1919, a minoría espartaquista decide sumarse a ela, mesmo formando un Comité Militar Revolucionario, carente de apoio popular. Rosa Luxemburg dirixe o xornal da súa formación "Die Rote Fahne" (A Bandeira Vermella).
O 13 de xaneiro Rosa, xunto a Karl Liebknecht e Leo Jogiches é arrestada. Son asasinados o 15 de xaneiro de 1919 por unha unidade de "Corpos Libres", por orde de Gustav Noske, "Comisario do Pobo" social-demócrata, encargado da represión contra-revolucionaria.
[editar] Bibliografía parcial
En español:
- La Revolución rusa y otros escritos. M. Castellote. Madrid. 1975.
- Obras Escogidas, 2 vols. Ed. Ayuso, Madrid. 1978.
- Escritos Políticos. Ed. Grijalbo. Barcelona. 1977.
[editar] Citas
- A liberdade reservada só aos partidarios do goberno, só aos membros do partido - por numerosos que eles sexan - non é liberdade. A liberdade é sempre só liberdade para quen pensa de modo diferente ( "A Revolución rusa: un exame crítico")