Sinónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Palabra de igual significado a outra. Por exemplo son sinónimos andar e camiñar.
A existencia de sinónimos semánticos reais é pouco aceptada. No exemplo de camiñar e andar, o primeiro remítese a un camiño, polo tanto é máis restrinxido ca andar: non se pode camiñar por casa.
A este tipo de sinonimia chámaselle perfecta. O que si é máis normal e aceptable é a sinonimia imperfecta. Neste caso poden darse grupos de dúas palabras ou de moitas máis, dependendo do nivel de caracterizadores aducidos. A lingüística tradicional asumía a existencia de que a definición das categorías (as de significado entre elas) se establece en base a condicións necesarias e suficientes. O estudo desta particularidade adiantou moito co concepto de categoría dentro da teoría da lingüística cognitiva, debido á utilización da noción de prototipicalidade.
[editar] Ligazóns
- En galilibros hai exercicios sobre sinónimos