Teosofía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo teosofía fai referencia a unha doutrina que mantén que todas as relixións son proxeccións e tentativas do Home por coñecer « o Divino », e que, en consecuencia, cada relixión posúe unha parte da Verdade.
A teosofía (theosophia - en grego : theos, divino e sophia, sabedoría) foi fundada polos pensadores da Antigüidade. A orixe do termo atópase nos filósofos de Alexandría, os philalèthes (en grego : phil, que ama e aletheia, a verdade). A palabra teosofía en tanto que tal data do século III da era cristiá e débese a Ammonios Saccas e os seus discípulos, que fundaron o sistema teosófico ecléctico. O método consiste, dunha banda, en razoar por analoxías (chamábase aos discípulos de Ammonios Saccas os « analoxistas » por mor do seu hábito de interpretar as lendas, mitos e narracións sacras segundo unha lóxica de analoxía e de correspondencia) e, por outra banda, en coñecer a experiencia do divino pola éxtase espiritual e a intuición directa.
O terme de teosofía corresponde tamén a un sistema de crenzas moderno, que foi utilizado por Helena Petrovna Blavatsky para definir tematicamente a súa propia doutrina. Con Henry Steel Olcott e William Quan Judge, fundou a Société théosophique (Sociedade teosófica) en 1875. Esta organización espiritualista, emparentada con outros movementos iniciáticos da mesma orde, con os cales ten trenzados numerosos lazos ata hoxe (Masonería, Rosa-Cruz, Martinismo).