Tritio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tritio, terceiro isótopo do hidróxeno, é o menos común. O seu núcleo consta dun protón e dous neutróns. É un isótopo radiactivo que ten unha vida media de 12,3 anos.
O ter no seu núcleo tres nucleóns que participan na interacción forte, e só un protón cargado eléctricamente, co tritio podese realizar fusión nuclear máis fácilmente que co isótopo máis común do hidróxeno.
O tritio(Hidróxeno-3) é un isótopo de gas hidróxeno. Pode ser feito polo home, pero tamén é unha sustancia que se produce naturalmente pola acción de raios cósmicos e a degradación do núclido radioactivo natural en rochas e na terra. É un gas incoloro e inodoro, máis livian que o aire. Está presente no aire e na auga en todo o mundo e é habitualmente inxerido e respirado por todos. Todos os seres humáns temos trazas de tritio así como outros isótopos radioactivos que ocurren naturalmente.
Moitos isótopos son estables e reteñen a súa estructura indefinidamente. Sen embargo, algúns isótopos, incluido o tritio, non son estables e dise que son radioactivos. A medida que o núcleo do tritio se degrada, emite un electrón, causando unha liberación de enerxía en forma de radiación beta. Formase entón un novo núcleo con dous protóns e un neutrón, de forma tal que se converte nunha forma non radioactiva de helio.
As emisións de tritio beta son moi febles. Non se emite ningunha outra radiación primaria. En efecto, o tritio emite o nivel máis baixo de enerxía por radiación beta que todos os isótopos. As partículas beta son fácilmente detidas por finas capas de calqueira material sólido.