Ulises
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ulises ou Odiseo é un personaxe da literatura grega que aparece nas obras de Homero A Ilíada e, sobre todo, A Odisea, da que é o personaxe principal. É rei de Ítaca.
Odiseo (na Grecia) ou Ulises (en Roma) é unha figura á parte en Troia. É un dos mais ardidos guerreiros de toda a epopea grega en Troia, e mesmo despois dela, cando retorna da sua longa viaxe ao seu reino, Ítaca, unha das numerosas illas gregas.
Heroi grego, Odiseo era rei de Ítaca e fillo de Laerte. Ao principio, cortexou a Helena[1], mais, en vista do grande número de pretendentes, acabou por auxiliar a Tíndaro, pai adoptivo de Helena, na escolla do pretendente. Esa escolla recaeu sobre Menelao, tendo casado o itacense entón con Penélope. De aí a amizade existente entre Menelao, seu irmán Agamemnon, e Odiseo.
Da unión con Penélope naceu Telémaco, o seu querido fillo, do cal tivo de se apartar moi cedo para loitar ao lado doutros nobres gregos en Troia. Foi un dos elementos mais actuantes no cerco de Troia, no cal destacou principalmente pola sua prudencia e astucia.

Durante a citada guerra, moitas batallas os gregos venceron baixo o consello de Ulises, sendo este mesmo un grande guerreiro, apesar da sua baixa estatura (algunhas lendas dician mesmo que era anano). Tentou en van convencer a Aquiles para cesar a sua ira contra Agamemnon, ao lado de Ájax, fillo de Telamon e de Fenix, mais sen obter éxito.
Un dos seus mais famosos ardís foi axudar na construción dun cabalo de madeira, que permitiu a entrada dos exércitos gregos na cidade. Isto é, a estratexia foi sua.

Após a derrota dos troianos, el iniciou unha viaxe de dez anos de volta para Ítaca - onde a sua muller o espera cunha fidelidade obstinada, apesar da demora. Esa viaxe mereceu a creación por Homero do poema épico A Odisea, na cal se narran as aventuras e desventuras de Odiseo e a sua tripulación desde que deixan Troia, algunhas causadas por eles e outras grazas á intervención dos deuses.
Cando cegaron o cíclope Polifemo, despertaron a ira de Poseidón, que os atormentou por anos. Despois, ainda tentado voltar para Ítaca, acabou indo para a illa de Calipso, unha muller que o aprisionou na sua illa durante anos e non o soltaria de alá até que el se casase con ela. Porén, el non aceptou, e ficou varios anos na illa, até que conseguiu fuxir.
Coa axuda de Zeus e doutros deuses, Odiseo chegou á casa soiño para encontrar a sua esposa Penélope, importunada por pretendentes. Disfarzado como mendigo, primeiro verificou se Penélope lle era fiel e, en seguida, matou os pretendentes á súa sucesión, limpando o palacio. Con iso, iniciouse unha batalla final contra as familias dos homes mortos, mais a paz foi restaurada por Atenea.