Ítaca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ítaca (en grego moderno, Ιθάκη) é unha das numerosas illas gregas, situada no mar Xónico. Está localizada na prefectura de Cefalonia.
A illa ten unha superficie de 96 km² e unha poboación de 3.600 habitantes. A sua capital é a localidade de Vathí (Βαθύ). Outros núcleos de poboación son: Stavros, Anogi, Exogi e Perachori.
A illa posue varias baías, e é tan fechada que fai lembrar um lago. No medio da illa, a baía de Moulou (Kolpos Moulou) entra tanto na terra que deixa apenas unha estreita franxa con 500 metros, o suficiente para que a illa non se separe en dúas.
Índice |
[editar] Relevo
A illa é relativamente montañosa e posúe unha vexetación abundante. Ao norte, domina o Monte Nirítos, de 806 metros de altitude. Ao sur, domina o Monte Merovígli, de 669 metros de altura.
[editar] Economía
As principais actividades económicas son a cria de gado e o cultivo da oliveira e da viña. O turismo ten potencialidades, mais está reativamente pouco desenvolvido, existindo mesmo cinco unidades hoteleiras (catro hoteis e unha de apartamentos)
[editar] Historia
Segundo A Odisea de Homero, Ítaca é a patria de Ulises. Alén diso foron nela encontradas oseiras que datan do terceiro milenio a.C.. Segundo Homero, o reinado de Ulises decorreu no século XII a.C., cando os gregos foron a Troia. A guerra durou 10 anos, mais a Ulises leváronlle outros dez para regresar á sua illa natal, após innúmeras aventuras polo mar Mediterráneo.
Durante séculos a illa foi sucesivamente dominada por Micenas, Cefalonia, Corinto, Roma, Bizancio, o Imperio Otomano, Venecia, Francia e Gran Bretaña, até finalmente ser anexada pola Grecia independente en 1864.
Ítaca tamén estivo brevemente so ocupación das tropas do Eixo durante a Segunda Guerra Mundial.
Un forte terremoto ocorrido en 1953 destruiu a maior parte das construcións da illa.
[editar] Comunidades
A illa de Ítaca achase dividida nas seguintes comunidades:
- Aetos
- Agios Ioannis
- Anogi
- Exogi
- Frikes
- Kioni
- Lefki
- Perachori
- Platithria
- Stavros
- Vathí