Voleibol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O voleibol foi creado en 1895 por William G. Morgan. Daquela era director de Educación Física no Ymca de Holihoke, no estado de Massachusetts (Estados Unidos), e establecera, desenvolvera e dirixira, un amplo programa de exercicios e de clases deportivas masculinas para adultos. Deuse de conta de que precisaba dalgún xogo de entretemento e competición á vez para variar o seu programa, e sen dispoñer máis ca do baloncesto, creado catro anos antes (1891), botou man dos seus propios métodos e experiencias prácticas para crear un novo xogo.As regras iniciais e os conceptos de base foron establecidos: a Mintonette; primeiro nome co que se lle bautizou, viñera de nacer. O nome de mintonette seguiu vixente ata que o Dr. A.T.Halsted, en Springfield, depois de observar o novo deporte, suxeriu que o seu nome fose mudado de mintonette para voleibol, tendo en conta que a idea básica do xogo era xogar a bóla dun lado para o outro, por riba da rede, coas mans.