Bos Aires - Buenos Aires
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]()
Edificio do congreso en Bos Aires, Arxentina.
|
![]()
Caminito, Boca, Bos Aires, Arxentina.
|
![]()
Obelisco de Bos Aires, Arxentina
|
A cidade de Buenos Aires é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denominanse porteños, mentres que o morador da viciña Provincia de Buenos Aires é denominado bonaerense.
Situada na beira do esteiro do río de la Plata, fronte á capital uruguaia Montevideo, cidade principalmente de servizos.
Índice |
[editar] Relación con Galiza
Buenos Aires foi cidade de acollida para numerosos galegos na emigración ou o desterro. Na realidade, é a cidade do planeta con máis habitantes galegos. É coñecido o seu Centro Gallego pola súa enorme influencia e instalacións (editorial, centro cultural, hospital,...) que tivo unha importancia básica na sociedade arxentina do século XX (máis aínda cando foi o corralito no 2001).
[editar] Xeografía
Localización: Buenos Aires atópase no hemisferio sur a 34º 36' de latitude e 58º 26' de lonxitude. A cidade autonoma (tamén coñecida como Capital Federal) esténdese sobre un terreo plano con 19,4 km de norte a sur e 17,9 km de leste a oeste. Na súa superficie de 202 km2 vivian, en 2001, 2.776.138 habitantes. No entanto, cando se examina súa rexión metropolitana (a chamada Gran Buenos Aires), a superficie atinxe 3880 km2 e a poboación chega aos 12 millóns de habitantes, converténdoa nunha das cidades máis populosas do mundo e a segunda na América do Sur, despois de San Paulo, no Brasil.
Na marxe oposta do Río da Prata, atópase a cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. Buenos Aires lígase a Colonia e a Montevideo por barco (que cobren o rota Buenos Aires-Montevideo en pouco máis de tres horas, e Buenos Aires-Colonia en cerca dunha hora). O Río da Plata (Río de la Plata) e mailo Riachuelo forman os límites naturais da Cidade Autónoma de Buenos Aires a leste e a sur. O resto do seu perímetro está demarcado pola Avenida General Paz, que circunvala a cidade de norte a oeste. Esta avenida liga de forma rápida a cidade coa Gran Buenos Aires, unha rexión de alta concentrazón de habitantes e forte actividade comercial e industrial.
Clima: O clima da cidade é temperado oceanico (ameno durante todo o ano). As temperaturas médias anuais son de 18º Celsius. No inverno a temperatura pode cair a 3º C, encanto no verán, húmido, a temperatura media é de 28º. Só unha vez na súa historia, en 1918, rexistrouse queda de neve.
[editar] Historia
A cidade foi fundada dúas veces. Na primeira, en 1536 por Pedro de Mendoza, foi arrasada polos indios. Posteriormente, foi refundada en 1580 por Juan de Garay. O seu nome provén de Nuestra Señora del Buen Ayre, a evocación de María que protexía a aldea. A cidade gañou importancia cando, en 1776, foi nomeada capital do Vice-reino do Río da Prata. A súa condición de porto único de saída e entrada de todos os produtos do país foi a chave do seu desenvolvimento. En 1880 a cidade foi separada da provincia de Buenos Aires e transformouse na Capital Federal. O seu nome oficial, de acordo coa Constitución Arxentina de 1996 é Ciudad Autónoma de Buenos Aires.
[editar] Turismo
A cidade conta co Aeroporto Internacional de Ezeiza (situado a 35 km da cidade) e cun aeroporto doméstico, o Aeroparque Jorge Newbery. Conta co terminal viario de Retiro, de onde parten e chegan liñas de omnibus para todas as rexións do país e para cidades do Chile, Peru, Bolivia, Paraguai, Uruguai e Brasil. Conta tamén con ferry-boats que a conectan coas cidades de Colonia del Sacramento, Montevideo e Piriápolis, no viciño Uruguai. Fica a 1630 km ao norte doutro importante destino turístico arxentino, a cidade de Bariloche.
Mapas Interativos: Acceso a información que lle interesar, nos mapas
Monumentos e lugares de interese:
- Centro
- Cabildo Histórico
- Casa Rosada
- Catedral Metropolitana
- Congreso Nacional
- Palacio Municipal
- Plaza de Mayo (onde fica a Casa Rosada e maila Catedral)
- Puente de la Mujer (ponte móbel situada en Puerto Madero)
- Puerto Madero (e os seus cafés e restaurantes)
- Manzana de las Luces
- Obelisco
- Reserva Ecolóxica Costanera Sur (próxima a Puerto Madero)
- Teatro Colón
- Bairro Norte
- Biblioteca Nacional
- Cemiterio da Recoleta
- MALBA (Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires)
- Museo Nacional de Bellas Artes
- Praza (Plaza) Francia
- Bairro de Palermo
- Parque Tres de Febrero
- Jardín Japonés
- Planetário
- Jardín Botánico
- Bairro de La Boca
- Caminito
- Estádio de futbol do Boca Juniors
- Museo Histórico Nacional
- Bairro de Mataderos
- Feira de artesanía e tradicións arxentinas
- Bairro de San Telmo
- La Casa Mínima
- Praza Dorrego
- Museo Nacional de Arte Decorativa
Hostelaria:. Son preto de 450 establecementos, 25.500 cuartos e 52.000 camas, incluíndo desde hoteis de alta categoría e de cadeas internacionais, ata albergues da xuventude e hosterías, con tarifas máis ecoómicas.
[editar] Véxase tamén
- Provincia de Bos Aires
- Tango
[editar] Ligacións externas
- Goberno da Cidade de Buenos Aires en castelán
- Wikitravel en portugués
- BuenosAires.com