Cixi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Emperatriz viúva Cixi (慈禧 Pinyin: Cíxǐ; Wade-Giles: Tz'u-hsi) (29 de novembro de 1835; 15 de novembro de 1908), popularmente coñecida na China como a Emperatriz viúva do oeste (西太后), e de xeito oficial coñecida postumamente como Emperatriz Xiaoqin Xian (孝欽顯皇后), foi unha poderosa e carismática personalidade que foi a gobernante de feito da dinastía manchú Qing desde 1861 até a súa morte en 1908.