Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Comuna de París - Wikipedia

Comuna de París

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Comicios populares na Comuna de París
Comicios populares na Comuna de París

A Comuna de París referíase orixinalmente ó goberno de París durante a Revolución Francesa. Nembargantes, na actualidade o termo usualmente refírese ó goberno socialista que dominou brevemente en París dende o 18 de marzo (formalmente o 26 de marzo) de 1871 ata o 28 de maio dese ano. No sentido estricto, a Comuna de París de 1871 foi simplemente a autoridade local («commune» en francés é un consello dun pobo ou distrito) que exerceu o poder en París durante dous meses na primavera de 1871. Nembargantes, as condicións na que se formou, os seus controvertidos decretos e o seu cruel final a converten nun dos máis importantes episodios políticos da época.

Índice

[editar] Trasfondo

A comuna foi posíbel grazas a un levantamento popular de todas as tendenzas revolucionarias dentro de París despois de que a Guerra Franco-Prusiana terminase con Francia derrotada. A guerra con Prusia, comezada por Napoleón III («Louis Bonaparte») en xullo de 1870, terminou desastrosamente para Francia, e en setembro dese ano, París quedou baixo o asedio do exército inimigo. A fenda entre ricos e pobres na capital ampliouse enormemente nos últimos anos e coa escaseza de comida, sumado ó constante bombardeo prusiano, levou a un descontento xeral. Os traballadores estábanse volvendo máis receptivos a ideas máis radicais. Unha demanda específica foi a de que París debía posuír un goberno autónomo, cunha comuna elixida pola propia poboación, algo que xa gozaban a meirande parte das cidades francesas, pero que era negado a París por un goberno medorento da indócil poboación da capital. Un desexo máis vago, pero tamén relacionado, foi o dun sistema de xestión da economía máis xusto, aínda que non necesariamente un sistema socialista, resumido no berro popular de "A Sociale!" En xaneiro de 1871, cando xa transcorreran 4 meses de asedio, Louis-Adolphe Thiers, futuro xefe executivo (máis tarde presidente) da Terceira República Francesa, buscou un armisticio. Os prusianos incluíron a ocupación de París dentro dos termos da paz. Malia as penalidades do asedio moitos parisinos estaban amargamente resentidos e particularmente enoxados de que permitiran ós prusianos unha breve ocupación cerimonial da súa cidade. Por aquel tempo varias decenas de miles de parisinos eran membros armados dunha milicia de cidadáns coñecida como a «Garda Nacional», a cal expandérase moito para axudar a defender a cidade. Algúns batallóns nos distritos máis pobres elixían ós seus propios oficiais e posuían algúns canóns que foran creados en París e pagados por suscripción pública. A cidade e o seu Garda Nacional resistiran o ataque das tropas prusianas durante seis meses. A poboación de París foi desafiante ao enfrontar a ocupación e limitaron a presenza prusiana a unha pequena área da cidade, vixiando ademais os límites desta.

Comezaron movementos para formar un «Comité Central» da Garda Nacional. Louis-Adolphe Thiers, presidente do goberno francés, a nova Terceira República, deuse de conta de que naquela inestábel situación cabía a posibilidade de que este comité se constituíse nun centro alternativo de poder ó do goberno. Ademais, estaba preocupado por que os traballadores se armaran coas armas da Garda Nacional e provocasen ós prusianos. Os eventos nesta etapa son confusos, pero o que é certo é que antes de que os prusianos entrasen a París, a Garda Nacional, axudada por civís, arranxouse para afastar do camiño dos prusianos os canóns (que consideraban da súa propiedade) e almacenalos en «distritos seguros». Un dos principais «parques de canóns» estaba nas alturas de Montmartre.

[editar] O alzamento e natureza da Comuna

Barricadas diante La Madelaine
Barricadas diante La Madelaine

Os prusianos entraron en París brevemente e abandonárona de novo sen ningún incidente. Pero París continuou cercada mentres o problema das indemnizacións das guerras seguía afectando. Ao mesmo tempo que o Comité Central da Garda Nacional estaba adoptando unha posición cada vez máis radical e gañando firmemente autoridade, o goberno non podía permitirlle indefinidamente ter 400 canóns á súa disposición. E así, como primeiro paso, o 18 de marzo Thiers ordenou ás súas tropas coller os canóns almacenados nas cimas do Montmartre. No canto de seguir as instrucións, os soldados, que non tiñan a moral moi alta, fraternizaron coa Garda Nacional e os residentes locais. Cando o seu xeneral, Claude Martin Lecomte, lles ordenou disparar a un xentío desarmadao, apeárono do seu cabalo. Máis tarde foi fusilado, xunto co xeneral Thomas, un odiado comandante anterior da Garda que foi recollido por un xentío en «Outer Boulevards».

Outras unidades armadas uníronse á rebelión, que se extendeu tan rapidamente que o presidente Thiers ordenou a evacuación inmediata de París das forzas regulares que aínda lle seguían sendo leais, tales como a policía, e dos funcionarios. El mesmo fuxiu, á cabeza dos seus homes, a Versalles. O Comité Central da Garda Nacional era agora o único goberno efectivo en París: case inmediatamente renunciou á súa autoridade e organizou eleccións para unha comuna, propostas para o 26 de marzo. Os 92 membros da Comuna (ou, mellor dito, do "Concilio Comunal") incluía habilidosos traballadores, algúns «profesionais» (tales como doutores e xornalistas), e un gran número de activistas políticos, dende reformistas republicanos, ademais de varios tipos de socialistas, ata xacobinos que tendían a mirar nostalxicamente a Revolución Francesa. O carismático socialista Louis Auguste Blanqui foi elixido presidente do Concilio, pero isto ocorreu na súa ausencia xa que fora arrestado o 17 de marzo e estivo retido nunha prisión secreta durante a duración da Comuna. A Comuna de París foi proclamada o 28 de marzo, aínda que os distritos locais con frecuencia retiveron ás organizacións polo asedio. Malia as diferenzas internas o Concilio, que tiña o poder lexislativo e o executivo, tivo un bo comezo ao manter os servizos públicos esenciais para unha cidade de dous millóns de habitantes; tamén foi capaz de alcanzar un consenso sobre certas políticas que tendían cara a unha democracia social progresista máis que a unha revolución social. Debido á falta de tempo (a Comuna puido reunirse menos de 60 días en total) só uns poucos decretos foron implantados. Estes incluían: remisión das alugueiros, que foran aumentadas considerabelmente por caseiros, ata que se terminase o asedio; a abolición do traballo nocturno nos centos de panaderías de París; a abolición da guillotina; a concesión de pensións para as viúvas dos membros da Garda Nacional mortos en servizo, así tamén como para os seus fillos; a devolución gratuíta, a través das casas de empeño estatais, de todas as ferramentas dos traballadores; pospuxéronse as obrigacións de débedas e abolíronse os intereses nas débedas; e, afastándose dos estritos principios "reformistas", o dereito dos empregados a tomar o control dunha empresa que fose abandonada polo seu dono.

O Concilio terminou co aillamento e substituiu o exército convencional cunha Garda Nacional de todos os cidadáns que podían portar armas. A lexislación proposta separaba a igrexa do estado, facía que todas as propiedades da igrexa pasasen a ser propiedade estatal, e excluía a relixión das escolas. Permitíuselles ás igrexas seguir coa súa actividade relixiosa só se mantiñan as súas portas abertas ao público pola tarde para que se realizasen reunións políticas. Isto fixo das igrexas o principal centro político participativo da Comuna. Outra lexislación proxectada trataba de reformas educativas que permitirían a educación e a práctica técnica fosen dispoñíbeis para todo o mundo. A Comuna adoptou durante a súa breve existencia o anteriormente descartado Calendario da I República Francesa, así como a bandeira vermella no canto da tricolor. A carga de traballo foi facilitada por varios factores, aínda que se esperaba dos membros do concilio (que non eran «representantes» senón «delegados» e podían ser inmediatamente cambiados polos seus electores) que realizasen algunhas funcións executivas aparte das lexislativas. As numerosas organizacións ad hoc establecidas durante o asedio nos barrios («quartires») para satisfacer as necesidades sociais (cantinas, estacións de primeiros auxilios, etc.) continuaron crecendo e cooperando coa Comuna. Ao mesmo tempo, estas asembleas locais perseguían as súas propias metas, normalmente baixo a dirección de traballadores locais. A pesar do reformismo formal do Concilio da Comuna, en conxunto a composición Comuna era moito máis revolucionaria. As tendencias revolucionarias incluían anarquistas e socialistas, Blanquistas e republicanos liberais. A Comuna de París foi celebrada por anarquistas e socialistas marxistas continuamente ata a actualidade, en parte debido á variedade de tendencias, o alto grado de control por parte dos traballadores e a notable cooperación entre os diferentes bandos revolucionarios. No III arrondissement, por exemplo, proporcionouse material escolar gratuitamente, tres escolas transformáronse en entidades laicas e estableceuse un orfanato. No XX arrondissement, proporcionouse ós escolares roupa e comida gratuíta. Existiron moitos casos máis deste tipo. Pero un ingrediente vital no relativo éxito da Comuna na súa etapa foi a iniciativa mostrada por traballadores sinxelos no dominio público, que llas arranxaron para tomar as responsabilidades dos administradores e especialistas removidos por Thiers. Friedrich Engels, o máis próximo colaborador de Marx, mantería despois que a ausencia dun exército fixo, as políticas autónomas dos "quartiers" e outras características tiveron como consecuencia que a Comuna non fose como un estado no sentido represivo do téermo: era unha forma de transición en dirección da abolición do estado como tal. O seu posible desenvolvemento futuro, con todo, seguiría sendo unha pregunta teórica: logo de só unha semana foi atacada por elementos do novo exército (que incluía antigos prisioneiros de guerra liberados polos prusianos) creado rapidamente en Versalles.

[editar] O Asalto

Pero a comuna non foi capaz de extenderse ao resto das cidades francesas, aproveitando este illamento o goberno enviou un exército de 100.000 homes para tomar a capital. A Comuna foi asaltada dende o 2 de abril polo exército que tiña a súa base de operacións en Versalles e a cidade foi bombardeada constantemente. A vantaxe do goberno era tal que dende mediados de abril negaron a posibilidade de negociacións. A zona exterior de Courbevoie foi capturada, e nun intento atrasado das forzas da Comuna para marchar sobre Versalles fracasou ignominiosamente. A defensa e a supervivencia transformáronse nas principais consideracións. As mulleres da clase traballadora de París agora tiñan un firme e importante papel. Servían na Garda Nacional e ata formaron o seu propio batallón, co que máis tarde pelexaron heroicamente para defender o Palacio Blanche, peza fundamental para Montmartre. (É importante tamén sinalar que ata baixo o goberno da Comuna as mulleres aínda non tiñan dereito a voto, nin tampouco existían membros femininos no Concilio.) Unha gran axuda tamén veu dende a comunidade estranxeira de refuxiados e exiliados políticos en París: un deles, o polaco ex-oficial e nacionalista Jaroslaw Dombrowski, converteuse no mellor xeneral da Comuna. O Concilio estaba fortemente influenzado polo internacionalismo, polo que a Columna Vendôme, que celebraba as vitorias de Napoleón I e era considerada pola Comuna como un monumento ao Chovinismo, foi derribada. No estranxeiro, había moitas reunións e mensaxes de boa vontade enviados por sindicatos e organizacións socialistas, incluíndo algúns en Alemaña. Pero as esperanzas de obter axuda concreta doutras cidades de Francia foron pronto abandonadas. Thiers e os seus ministros en Versalles arranxáronllas para evitar que saíse de París case toda a información; e nos sectores provinciais e rurais de Francia existira sempre unha actitude escéptica cara ás actividades da metrópolis. Os movementos en Narbonne, Limoges e Marsella foron rapidamente esmagados. Mentres a situación deteriorábase, unha sección do Concilio gañou unha votación (á que se opoñía Eugène Varlin -un corresponsal de Karl Marx- e outros moderados) para crear un «Comité de Salvación Pública», modelado á imaxe do órgano xacobino do mesmo nome formado en 1792. Os seus poderes eran extensos e despiadados. Pero xa case pasara a hora na que unha autoridade central forte podía axudar. O 21 de maio unha porta na parte occidental das murallas de París foi forzada (ou, máis probablemente, traizoada) e comezou a reconquista da cidade por parte das tropas de Versalles, primeiro ocupando os prósperos distritos occidentais onde foron ben recibidos polos veciños que non deixaran París tralo armisticio. As fortes lealdades locais que foran unha característica positiva da Comuna convertéronse nunha certa desvantaxe: en lugar dunha defensa planeada globalmente, cada «quartier» loitou desesperadamente pola súa supervivencia e foi derrotado cando chegou a súa quenda. As redes de rúas estreitas que fixeron inexpugnables distritos enteiros en revolucións anteriores foran en gran parte reemplazadas con anchos bulevares. Os de Versalles gozaban dun mando central e dispoñían de artillería moderna. Durante o asalto, as tropas do goberno foron responsables da matanza de cidadáns desarmados: disparouse ós prisioneiros que estaban fóra de control e as execucións múltiples foron algo común. O 27 de maio, nun xesto fútil de desafío, unha multitude asediou e asasinou a 50 reféns, varios deles sacerdotes, que foran retidos pola Comuna. En total, as perdas do goberno roldaron os 900 homes. Estas mortes ían ser vingadas varias veces. A resistencia máis acérrima chegou nos distritos máis de clase traballadora do leste, onde a loita continuou durante oito días de fortes loitas na rúa (A Semaine sanglante, a semana sanguenta). O 27 de maio só quedaban uns poucos focos de resistencia, os máis notables os dos máis pobres distritos do leste de Belleville e Ménilmontant. Ás catro da tarde do día seguinte caeu a última barricada, na rue Ramponeau de Belleville, e Marshall MacMahon lanzou unha proclama: «Ós habitantes de París. O exército francés veu a salvarvos. ¡París está liberada! Ás catro en punto os nosos soldados tomaron a última posición insurxente. Hoxe acabouse a loita. A orde, o traballo e a seguridade volverán nacer».

As represalias comezaron en serio. Declarouse un crime apoiar á Comuna en calquera modo, do que se podía acusar -e acusouse- a miles de persoas. Algúns dos «communards» (persoas que apoiaban a Comuna) foron fusilados no que agora se chama «O muro dos Communards» no cemiterio Père Lachaise mentres que outros miles de persoas foron levados a Versalles para ser xulgados. Poucos communards escaparon, principalmente a través das liñas prusianas cara ao norte. Durante moitos días columnas de homes, mulleres e nenos fixeron, escoltados por militares, un doloroso camiño cara a barrios de Versalles convertidos en prisións temporais. Máis tarde foron xulgados; uns poucos foron executados; moitos foron condenados a traballos forzados; moitos máis foron deportados por longas tempadas ou para sempre a illas francesas do Pacífico practicamente deshabitadas. Nunca se puido establecer de xeito seguro o número de asasinados durante a Semaine Sanglante, estímase en 20.000 execucións sumarias e 10.000 condenados a morte posteriormente polos tribunais, moitos máis feridos; 7.000 persoas foron desterradas a Nova Caledonia. Para os presos houbo unha amnistía xeral en 1889

París estivo baixo a lei marcial durante cinco anos.

[editar] Retrospectiva da Comuna

A clase acomodada de París, e a maioría dos antigos historiadores da Comuna, viron aquel feito como un clásico exemplo do «dominio do xentío», terrorífico e ó mesmo tempo inexplicable. A maioría dos actuais historiadores, ata aqueles de dereitas, recoñeceron o valor dalgunha das reformas da Comuna e deploraron o salvaxismo co que foi reprimida. Con todo, atoparon difícil de explicar o odio sen precedentes que a Comuna espertou nas clases medias e altas da sociedade.

Na esquerdas, hai quen criticaron á Comuna por mostrarse demasiado moderada, especialmente dada a situación na que se atopaban. Karl Marx atopou agravante que os membros da Comuna «perdesen valiosísimos momentos» organizando eleccións democráticas no canto de terminar dunha vez por todas con Versalles. O banco nacional de Francia, ubicado en París coa reserva de millóns de francos, foi deixado intacto e desprotexido polos membros da Comuna. Timidamente pediron prestado diñeiro do banco (que, obviamente, obtiveron sen ningunha vacilación). Os membros da Comuna optaron por non coller os recursos do banco por medo a que o mundo enteiro condenáseos. Deste xeito, movéronse grandes sumas de diñeiro dende París a Versalles, cartos que terminou por financiar o exército que deu fin á Comuna.

Algúns comunistas, esquerdistas, anarquistas e outros simpatizantes viron á Comuna como un modelo para, ou como base de, unha sociedade liberal, cun sistema político baseado na democracia participativa como eixe da administración. Marx e Engels, Bakunin e posteriormente Lenin e Trotsky intentaron sacar leccións teóricas (en particular no que concierne (á marchitación do estado) dende a limitada experienza vivida pola Comuna. O crítico Edmond de Goncourt obtivo unha lección máis pragmática: tres días despois da Semaine sanglante escribiu «... A perda de sangue foi total, e unha perda de sangue como esta, ó asasinar a parte rebelde da poboación, pospón a seguinte revolución... A vella sociedade ten 20 anos de paz antes dela...».

A Comuna de París foi parte das citas de moitos líderes comunistas. Mao referíase a ela con bastante frecuenza. Lenin, xunto a Marx, consideraban a Comuna un exemplo real da ditadura do proletariado. No seu funeral o seu corpo foi envolto nos restos dunha bandeira vermella preservada dende a Comuna. A nave espacial Voskhod 1 portaba parte dun estandarte da Comuna de París. Tamén, os Bolxeviques renomearon a nave de combate Sevastopol a "Parizhskaya Kommuna" en honra á Comuna.

[editar] Outras Comunas

Simultaneamente coa Comuna de París, xurdiron os alzamentos de Lyon, Grenoble e outras cidades, as cales do mesmo xeito que a Comuna de París, gozaron dunha breve vida.

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu