Cristiano Ronaldo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cristiano Ronaldo | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Cristiano Messias Ronaldo dos Santos Aveiro | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 5 de febreiro de 1985 | ||
Lugar de nacemento: | Funchal, Portugal | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Manchester United | ||
Posición: | Interior, estremo | ||
Altura: | 1,84 m metros | ||
Partidos internacionais: | 43 (con Portugal) | ||
Goles: | 15 | ||
Ano do debut: | 2002 | ||
Clube do debut: | Sporting Lisboa | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Cristiano Ronaldo é un futbolista portugués, natural da Illa de Madeira, mais concretamente da freguesía de Santo António no Funchal. O seu nome foi unha homenaxe de seu pai a Ronald Reagan. Fai publicidade para diversas marcas coma Nike, Suzuki, Pepe Jeans e Banco Espirito Santo.
Índice |
[editar] Clubes
O seu primeiro clube foi o Clube Futebol Andorinha de Santo António, onde despertou rapidamente a atención dos olladores do Nacional da Madeira.
En 1995 ficha polos infantís do CD Nacional. Na sua primeira época, o futbolista gaña o campionato conquistado así o seu primeiro título coma xogador de fútbol.
Aos 11 anos de idade vaise de Madeira para Lisboa, fichando polos xuvenís do Sporting Clube de Portugal. Debuta co primeiro equipo en setembro de 2002, con só dezasete anos de idade. Naquela tempada chegaría a xogar 25 encontros, anotando 3 goles.
Nun encontro de competición europea contra o Manchester United destaca de tal xeito que os propios xogadores da escadra inglesa, no voo de volta a Inglaterra lle piden ao adestrador Alex Ferguson a súa fichaxe para substituir a David Beckham, que marchaba transferido ao Real Madrid.
Na atualidade, e dende o ano 2003 xoga para o Manchester United, na Premier League. Hai pouco renovou o seu contrato até o 2010.
[editar] Carreira
- 1992 - 1995: Futebol Clube de Andorinha (Portugal/Madeira)
- 1995 - 1997: Clube Desportivo Nacional (Portugal/Madeira)
- 1997 - 2003: Sporting Clube de Portugal (Portugal)
- 2003 - atualidade: Manchester United (Inglaterra)
[editar] Palmarés
- 4º posto no Mundial 2006 con Portugal
- 2º mellor xogador xove do Mundial 2006
- Xogador xove do ano segundo a FIFPro(2005)
- Subcampión da Eurocopa de Fútbol 2004 con Portugal
- Incluido no Equipo do ano segundo a UEFA (2004)
[editar] Futuro
Considerado unha das maiores revelacións no fútbol dos últimos tempos, é un dos xoves talentos do panorama mundial pola sua habilidade co balón nos pés, a súa velocidade e o seu forte disparo a porta. Semella que será un dos xogadores máis desequilibrantes dos vindeiros anos, tendo en conta a súa progresión ata o de agora.
[editar] Selección
Cristiano Ronaldo destacou especialmente no Mundial 2006 en Alemaña onde foi unha das figuras da selección portuguesa que acadou o cuarto posto, a mellor clasificación dende 1966 onde tamén acadaron dita posición, daquela con Eusébio coma estrela da escadra.
No galardón se outorga ó mellor xogador xove da competición ficou na segunda praza, só por tras do xermano Lucas Podolski.
Tamén participou na Eurocopa de 2004 en Portugal máis a súa presenza no once portugués non foi tanta coma no Mundial. O equipo luso rematou subcampión tras perder na final contra Grecia.
[editar] Ligazóns externas
- Cristiano Ronaldo Profile & Stats en FootballDatabase
- Website Oficial Cristiano Ronaldo apoiado polo xogador
- Juventude de C.Ronaldo no CD Nacional
- Fórum sobre Cristiano Ronaldo
- Fórum ONLY ONE CRISTIANO RONALDO
- Sitio do Clube de Fans do Manchester United en Portugal
- Cristiano Ronaldo Fan Club
- cristiano-ronaldo.org
- ronaldoattack.com
- Cristiano Ronaldo the Gold Player
- Sitio do Clube de Fans do Manchester United no Brasil
- Cristiano Ronaldo "O Tigre"
- (en inglés) Biografía
- (en inglés) Cristiano Ronaldo Fansite
- (en inglés) Sitio humorístico - O que se fai cando se gusta de Ronaldo!
- (en inglés) (en portugués)Cristiano Ronaldo - Blog