Feijoada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A feijoada é un dos pratos da culinaria brasileira. Os seus ingredientes básicos son o arroz, o feixón e a carne de porco.
No Brasil, os días tradicionais da feijoada son a cuarta feira e o sábado. Neses días, os restaurantes serven feijoada nos seus menús, e algunhas familias e grupos de amigos preparan "feijoadas" en reunións familiares. É un prato de preparación relativamente barato, sendo consumida por todas as clases sociais.
Índice |
[editar] Historia
Os portugueses levaron receitas para o Brasil, algunhas cos seguintes ingredientes : orella, fociño, rabo e lingua de porco. No libro “História da Alimentação no Brasil”, o Luís da Câmara Cascudo escribe sobre as orixes da "Feijoada".
Segundo a escritora e xornalista Eda Romio, "uma primitiva feijoada começou a ser feita nas senzalas a partir de 1549 com a chegada dos primeiros escravos oriundos da África".
[editar] Receita
[editar] Ingredientes
- 1 kg de feixón preto
- ½ kg de carne de porco salgada
- ½ kg de carne-seca
- 1 pé, 1 orella e 1 fociño de porco salgados (estes ingredientes son opcionais)
- ½ kg de carne bovina (punta de agulla ou brazo)
- ½ kg de longaínza
- 1 óso de xamón
- 1 paio
- 100 g de bacon
- ½ kg de lombo de porco fresco (ou costeletas de porco)
- cebola
- aceite
- 5 follas de loureiro
- allo
- cheiro-verde
- col
- mollo carioca
- laranxas doces
[editar] Modo de preparación
- Na véspera, colocar a mollo: o medio quilo de carne de porco salgada, o medio quilo de carne-seca, o pé, a orella e o fociño de porco salgados.
- No día seguinte, de mañá, pegue o quilo de feixón preto e léveo ao fogo nunha pota con bastante auga.
- Noutra pota, ferva os ingredientes que deixou a mollo.
- Unha hora despois que os feixóns xa estiveren no lume, xunte os ingredientes fervidos e acrecente os seguintes: o medio quilo de carne bovina, o medio quilo de longaínza, o óso de xamón, o paio, os 100 gramos de bacon, as costeletas de porco (ou o medio quilo de lombo de porco fresco).
- Cando todo xa estiver cocido, xunte o refogado feito á parte con cebola picadiña, unha culler (sopa) de aceite, allo pisado e cheiro-verde.
- Probe se está bon de sal e deixe ferver, até que todo fique ben cocido, en fogo brando, para non pegar no fondo da pota.
- Na hora de servir, tire todos os ingredientes, colóqueos nunha travesa, colocándoos con xeito (O feixón será levado á mesa nunha cazola de barro).
- Sirva xunto o mollo carioca e laranxas doces, picadas e salpicadas de sal fino.
- Servir con coliflor frita en allo e aceite, e arroz. Tamém pode ser servida com fariña de mandioca, torresmo, mandioca frita, entre outros. Pode ser condimentada con pimenta a gusto (á mesa, por cada un dos convidados).