Florencio García Goyena
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Florencio García Goyena (Tafalla, 1783 - 1855). Xurista e político español. Cursou os seus estudos de Dereito nas Universidades de Madrid e Salamanca. En 1823 exiliouse a Francia, regresando á morte de Fernando VII.
Ocupou os cargos de síndico-consultor das Cortes e Deputación de Navarra; fiscal criminal en Burgos; correxidor en Guipúscoa; gobernador civil en Granada e Zaragoza; Rexente das audiencias de Valencia e Burgos; Maxistrado e presidente da Sala de Indias do Tribunal Supremo; Ministro de Xustiza con Joaquín Pacheco en no gabinete de Joaquín María López en 1843.
Incorporado dende moi cedo á Comisión Xeral de Codificación. A partires de 1846 participou decisivamente na elaboración do proxecto de Código Civil de España de 1851, tendo por base o Código Civil Francés, pasando a súa posteridade como o seu redactor.
Admirador, en materia penal, do xurista británico Sir William Blackstone e da Escola Penal inglesa, salvo no referente á institución do xurado, e reacio as ideas de Cesare Beccariano extremo de aplicación da pena máxima, puxo freno aos dereitos forais, e introduciu o habeas corpus na lexislación española.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez Calderón |
Florencio García Goyena (1847-1847) |
Precede a: Ramón María Narváez |
Presidente do Goberno de España |