Günter Grass
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Günter Grass (ou Günter Graß) (16 de outubro 1927 en Danzig, actual Gdansk, Polonia) é un autor e intelectual alemán, premio Nobel de Literatura en 1999.
De ideais políticos de esquerda, participou de forma activa da vida pública do seu país e provocou polémica en torno á súa obra, renovou a literatura alemá da posguerra por medio de textos de ironía e do grotesco, especialmente satirizando a complacente atmosfera do milagre económico da reconstrución posnazi. No ano 2006 fixo saltar a polémica tralas súas declaracións admitindo que ingresara nas SS.
[editar] Obra
- Die Blechtrommel (1959)
- Katz und Maus (1961)
- Hundejahre (1963)
- Örtlich betäubt (1969)
- Aus dem Tagebuch einer Schnecke (1972)
- Der Butt (1979)
- Das Treffen in Telgte (1979)
- Kopfgeburten oder Die Deutschen sterben aus (1980)
- Die Rättin (1986)
- Zunge zeigen. Ein Tagebuch in Zeichnungen (1988)
- Unkenrufe (1992)
- Ein weites Feld (1995)
- Mein Jahrhundert (1999)
- Im Krebsgang (2002)
- Letzte Tänze (2003)