Greta Garbo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Greta Garbo (Estocolmo, 1905- Nova York, 1990), era o pseudónimo de Greta Lovissa Gustafson, actriz norteamericana, de orixe sueca. Está considerada como un dos grandes mitos da cinematografía mundial, pola súa beleza e a súa enigmática personalidade. Foi coñecida como "A Divina".
Logo de obter un clamoroso éxito en Suecia con A lenda de Gösta Brling, trasladouse aos Estados Unidos en 1925, onde realizaría unha intensa carreira como actriz ata 1941, no que realiza o seu último filme, e colle a nacionalidade norteamericana.
[editar] Filmografía
- 1920 Herr och fru Stockholm (literalmente: Señor e Señora Stockholm) de Ragnar Ring
- 1921 Konsum Stockholm Promo (Publicidade dos almacéns Konsum Stockholm) de Ragnar Ring
- 1921 En Lyckoriddare (O cabaleiro da felicidade) de John W. Brunius
- 1922 Kärlekens ögon (Os ollos do amor) de John W. Brunius
- 1922 Luffarpetter (Pedro o vagabundo) de Erik A. Petschler
- 1924 A Lenda de Gösta Berling (Gösta Berlings Saga) de Mauritz Stiller
- 1925 A rúa sen alegría (Die Freudlose Gasse) de G.W.Pabst
- 1926 O Torrente (Torrent) de Monta Bell
- 1926 A Tentadora (The Temptress) de Fred Niblo
- 1926 A cadeira e o demo (Flesh and the Devil) de Clarence Brown
- 1927 Anna Karénine (Love) de Edmund Goulding
- 1928 Unha muller divina (The Divine Woman) de Victor Sjöström
- 1928 Unha dama misteriosa (The Mysterious Lady) de Fred Niblo
- 1928 Intrigas (A Woman of Affairs) de Clarence Brown
- 1929 Orquídeas bravas (Wild Orchids) de Sydney Franklin
- 1929 O dereito de amar (The Single Standard) de John Robertson
- 1929 O bico (The Kiss) de Jacques Feyder
- 1930 Anna Christie de Clarence Brown
- 1930 Romance de Clarence Brown
- 1931 Inspiración (Inspiration) de Clarence Brown
- 1931 A Cortesana (Susanne Lenox, Her Rise and Fall) de Robert Leonard
- 1931 Mata Hari de George Fitzmaurice
- 1932 Grand Hotel de Edmund Goulding
- 1932 Como ti me queres (As You Desire Me) de George Fitzmaurice
- 1933 A Raíña Cristina (Queen Christina) de Rouben Mamoulian
- 1934 O veo das ilusións (The Painted Veil) de Richard Boleslawski
- 1935 Ana Karenina (Anna Karenina) de Clarence Brown
- 1936 Marguerite Gautier (Camille) de George Cukor
- 1937 María Walewska (The Conquest) de Clarence Brown
- 1939 Ninotchka de Ernst Lubitsch
- 1941 A muller das dúas caras (Two Faced Woman) de George Cukor