Juan Carlos Valerón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Carlos Valerón | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Juan Carlos Valerón | ||
Alcume: | El Flaco | ||
Data de nacemento: | 17 de xuño de 1975 | ||
Lugar de nacemento: | Arguineguín (Gran Canaria), España | ||
Data de falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
Lugar de falecemento: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Deportivo de La Coruña | ||
Posición: | Mediapunta | ||
Altura: | 1'84 metros | ||
Partidos internacionais: | {{{partidosinternacionais}}} | ||
Goles: | {{{goles}}} | ||
Ano do debut: | 1994 | ||
Clube do debut: | Unión Deportiva Las Palmas | ||
Ano do retiro: | {{{anoretiro}}} | ||
Clube do retiro: | {{{cluberetiro}}} |
Juan Carlos Valerón Santana é un futbolista canario. Naceu en Arguineguín, as Palmas. Xoga de mediapunta e o seu primeiro equipo foi a Unión Deportiva Las Palmas.
Índice |
[editar] Biografía
Valerón é un xogador que destaca pola súa calidade técnica e visión de xogo, cun talento único para dar o último pase. É un futbolista moi frío polo que ás veces é acusado de falta de garra.
Empezou xogando nas categorías inferiores da Unión Deportiva Las Palmas. En 1995 debuta na Segunda División. No 1997 é fichado polo Mallorca debutando o 30 de agosto en casa fronte ó Valencia con triunfo local por dous tantos a un. Despois dunha gran tempada fíchao o Club Atlético de Madrid. No clube colchoeiro faise coa titularidade ante Juninho, fichaxe estrela do clube tempo atrás. Tras dúas malas tempadas do equipo que acaban co descenso á Segunda División é trapasado ó Deportivo de La Coruña.
No Deportivo de La Coruña gaña a Supercopa nada máis aterrar no clube. Un par de tempadas despois gaña a Copa do Rei e unha nova Supercopa. No clube coruñés é titular dende a súa chegada, e o auténtico cerebro do ataque da escadra branquiazul.
[editar] Selección Nacional
Foi internacional coa Selección nacional de fútbol de España en 45 ocasións. O seu debut como internacional produciuse o 18 de novembro de 1998 no partido Italia 4 - 1 España.
[editar] Clubes
- Unión Deportiva Las Palmas - (España) 1994 - 1997
- RCD Mallorca - (España) 1997 - 1998
- Atlético de Madrid - (España) 1998 - 2000
- Deportivo de La Coruña - (España) 2000 - Actualmente
[editar] Títulos
[editar] Campeonatos nacionais
- 1 Copa do Rey (Deportivo de la Coruña, temporada 2001-02)
- 2 Supercopas (Deportivo de la Coruña; 2000 y 2002)
[editar] Participacións en Copas do Mundo
Participou coa Selección española no Mundial de Fútbol de Corea e Xapón 2002 anotando un gol ó combinado de Eslovenia.
[editar] Ligazóns externas
- Valerón na www.lfp.es (en castelán)
- Ficha de Valerón como xogador da selección española (en castelán)