Lingua leonesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Este artigo é unha tradución da versión en castelán na Wikipedia creado por un usuario anónimo que debe ser verificado antes de considerarse unha versión válida e definitiva.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Leonés | |
---|---|
Falado en: | León, Zamora, Salamanca e Bragança |
Rexións do planeta: | Península Ibérica |
Total de falantes: | 55.000 |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras |
Família lingüística: | Indoeuropea Itálica |
Status oficial | |
Língua recoñecida: | Castela e León |
Regulada por: | |
Codificacións | |
ISO 639-1 | |
ISO 639-2 | roa |
Véxase tamén: Linguas románicas – Lingua |
A lingua leonesa ou leonés (Llïonés) é unha lingua romática creada a partires do latín vulgar e dalgunhas constribucións das linguas prerománicas faladas no territorio que agora ocupan as provincias españolas de León, Zamora e Salamanca, e nalgunhas aldeas do Distrito de Bragança, en Portugal. Semellante ao mirandés e ao asturiano, pertence ao subgrupo lingüítico Asturleonés, dentro do grupo das linguas Ibéricas.
A situación do leonés como lingua minorizada levou ao leonés perto da extinción, estando considerada como unha lingua en perigo pola UNESCO. Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana (O Consello Leonés e outros Concellos como Zamora, Coyaza, Mansiella de las Mulas ou La Bañeza fan campañas para o ensino do leonés).
A pesar das dificultades, o número de xente nova que aprende e o usa (na súa maioría na escrita) rexistrou un incremento nos derradeiros anos, na súa meirande parte en grupos intelectuais e políticos orgullosos da súa identidade rexional/nacional, como por exemplo a Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa El Fueyu en León, a Asociacion Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa El Toralín no Bierzo, ou La Barda na provincia de Salamanca.
Índice |
[editar] Medios de comunicación
A presenza do leonés nos medios de comunicación é minoritaria, editándose algunhas revistas nesta lingua, e publicándose un semanario (La Nuestra Tierra) co 30% dos seus contidos en leonés.
[editar] Presenza social
En varios concellos da provincia leonesa e de Zamora e Salamanca empeza a utilizarse o leonés nalgunhas das súas comunicacións; e organizacións, colectivos e asociacións de distinto tipo, como Conceyu Xoven, ou o Conseyu da Mocedá de Llión (Consello Local da Mocidade) utilizan o leonés na súa denominación e actividades. Hai varias asociacións que defenden esta lingua, como La Barda en Salamanca, El Fueyu en León, El Toralín na Comarca do Bierzo.
[editar] Recoñecemento legal
A única referencia legal que existe actualmente aparece na reforma do Estatuto de Castela e León, que marca no artigo 5ª do Título Preliminar: «o leonés será obxecto de protección específica por parte das institucións polo seu particular valor dentro do patrimonio lingüístico da Comunidade. A súa protección, uso e promoción serán obxecto de regulación».
A Deputación provincial de León promocionou o leonés coa firma dun convenio coa Asociación Cultural da Lingua Leonesa "El Fueyu" para o ensino do leonés, así como os concellos de León, Mansiella (Mansilla), Coyanza (Valencia de Don Juan), La Bañeza e Zamora.
[editar] Internet
En xaneiro de 2007 xorde a Plataforma PuntuLLI, destinada a conseguir un dominio propio para as páxinas webs cuxo referente sexa a lingua e a cultura leonesa. Esta Plataforma Virtual está conformada por máis de cincocentos particulares e corenta asocicións sociais, culturais, lingüísticas, políticas e deportivas das tres provincias leonesas.
[editar] Leonés/asturiano
O leonés, asturiano e mirandés son as tres linguas pertencentes ao dominio lingüístico leonés ou asturleonés. Para a codificación do asturiano sustentouse a base no dialecto central falado en Asturias, base do asturiano normativo. O leonés con todo é unha koinée dialectal baseada nos dialectos berciano sanabrés, cepedano-maragato-alistano, do que existe unha maior proporción no leonés que se escribe hoxe en día, e do ribeirego-alistano-. O mirandés deu maior preponderancia ao propio mirandés que ao sendinés, servindo o primeiro de modelo normativo.
Sociolingüística
Asturianos e leoneses consideran os dous idiomas como "linguas diferentes": mentres un 82,6% dos asturianos consideran que non existe asturiano máis aló das fronteiras da comunidade autónoma (II Estudo Sociolingüístico de Asturias. Llera Ramo e San Martín Antuña, 2002), no I Estudiu Sociollingüísticu de Lleón (González Riaño e García Arias, 2006) case o 70% dos leoneses do norte da provincia de León dicían que leonés e asturiano non eran a mesma lingua. Os mirandeses, xa desde a Convençao Ortografica dá Lingua Mirandesa de 1999, aínda que falan de "Zonas leonesas en Portugal" identifican o mirandés como un idioma diferenciado.
[editar] Exemplo
Tomouse o artigo 3º, parágrafo 2 da Constitución española de 1978 en dúas edicións en cada lingua.
Versión leonesa: 2. las outras llinguas españolas sedrán tamién oficiales nas respeutivas Comunidaes Autónomas d'alcuerdu conos sous Estatutos. (Constitución en leonés publicada por los ayuntamientos del Alfoz de León).
Versión asturiana: 2. les otres llingües españoles sedrán tamién oficiales nes respeutives Comunidaes Autónomes acordies colos sos Estatutos.
[editar] Enlaces externos
- Asociación Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa (en leonés).
- Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa (en leonés).
- Plataforma en favor d'un domiñu propiu pal Llïonés (en leonés).