Lingua mirandesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mirandés | |
---|---|
Falado en: | Portugal |
Rexións do planeta: | Concellos de Miranda do Douro, Vimioso e Mogadouro |
Total de falantes: | 15.000 |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras |
Familia lingüística: | Indoeuropea Itálica Iberorromance |
Status oficial | |
Lingua recoñecida: | Oficial en Portugal |
Regulada por: | |
Codificacións | |
ISO 639-1 | |
ISO 639-2 | nwl |
ISO/DIS 639-3 | mwl |
Véxase tamén: Linguas románicas – Lingua |
A Lingua mirandesa ou Mirandés é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no Norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, nun espazo de 484 Qm², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Bragança.
O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinca, e foi diferenciada polo menos dende a formación do Portugal (século XII). Ten as súas raíces do latín falado no norte da Península Ibérica. É un descendente da antica lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do Reino de León, e atópase fortemente ligado á lingua leonesa moderna e á lingua asturiana. Sen embargo, estas amalgamas do territorio español non afectaron ao mirandés, o cal preserva distintas diferencias lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co lexico dalgúns dialectos rexionais portugueses.
No século XIX, José Leite de Vasconcelos, describiuno como "a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses". Dende 1986/87 a lingua ensínase aso estudantes entre os dez e once anos de idade, voltando así a rexurdir.
Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5000 falantes (podéndose elevar o número até os 15000 se contamos aos que a teñen como segunda lingua) nas aldeas do Concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no Concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do Concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Bragança.
As principais diferenzas entre o mirandés (Portugal) e a lingua leonesa e asturiana (España) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo portugués, así como o leonés e o asturiano fórono polo castelán. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentras o asturiano experimentou máis cambios. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialemente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.
[editar] As súas variantes dialectais
Existen tres variantes dialectais da lingua mirandesa:
- O mirandés fronteirizo
- O mirandés central
- O mirandés sendinês
A maioría dos falantes do mirandés tamén falan portugués, e incluso castelán algúns deles. Picote (Picuote) é a única aldea basicamente monolingüe en mirandés, espertando o interese baixo novos informes feitos sobre ela nun país que é monolingüe en portugués.