Luis José Sartorius
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luís José Sartorius (Sevilla, 1820 - Madrid, 22 de febreiro de 1871). Conde de San Luís. Xornalista e político español.
De familia de orixe polaca, Sartorius formouse como autodidacta do periodismo, fundando El Heraldo, xornal que se convertiu nun dos puntuais do Partido Moderado durante o reinado de Isabel II. Dende as suas páxinas combatiu a rexencia de Espartero, o que lle permitiu en recompensa ser elixido Deputado en 1843. Foi Ministro de Gobernación con Ramón María Narváez. Dende este posto controlou os procesos electorais e atribúeselle falsificar moitos dos resultados en distintas elecións mentras que ocupou o cargo, o que lle obrigou a dimitir en 1851.
Foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1853, en plena crise dos gobernos moderados dende a caída de Juan Bravo Murillo. Tras perder varias votacións no Congreso dos Deputados e no Senado, o 9 de decembro decidiu disolver as Cámaras e gobernar mediante decreto, vulnerando a Constitución de 1845. Neste período iniciou a persecución dos moderados aditos a Leopoldo O'Donell, así como aos progresistas até a Vicalvarada e con ela, o fin da Década Moderada e o paso ao Bienio Progresista
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Lersundi y Hormaechea |
Luis José Sartorius (1853-1854) |
Precede a: Fernando Fernández de Córdova |
Presidente do Goberno de España |