Mércores
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mércores é o terceiro día da semana. O nome "Mércores" vén do latín mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses.
Índice |
[editar] Nomes noutras linguas:
Lingua | Nome | Significado |
Alemán | Mittwoch | O Medio da Semana |
Búlgaro | Cpяда/Sriada | O Medio da Semana |
Catalán | Dimecres | Día de Mercurio |
Checo | Støeda | O Medio da Semana |
Chinés Tradicional | 星期三/Xīng Qī Sān | Tres da Semana |
Español |
Miércoles | Día de Mercurio |
Eusquera |
Asteazken | O Último da Semana |
Francés |
Mercredi | Día de Mercurio |
Holandés |
Woensdag | Día de Woden |
Inglés |
Wednesday | Día de Woden |
Irlandés | Dé Chéadaoin | O Primeiro Xaxún da Semana |
Islandés | Miðvikudagur | O Medio da Semana |
Italiano |
Mercoledì | Día de Mercurio |
Noruegués |
Onsdag | Día de Óðinn |
Quechua |
Qoyllor P'unchay | Día do Luceiro |
Portugués |
Quarta-feira | Cuarto día |
Rumano | Miercuri | Día de Mercurio |
Ruso |
Среда/Sreda | Día do Medio |
Xaponés |
水曜日/Suiyoubi | Día da Auga |
[editar] O mércores na cultura popular
Nalgunhas bisbarras evítase mata-lo porco en mércores porque se cre que merma a carne.
Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días.
[editar] Refraneiro
[editar] Cantigueiro
Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén.
O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
[editar] Días da semana:
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo