Lingua rusa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ruso (русский / russkij) | |
---|---|
Falada en: | Rusia, países da antiga Unión Soviética e outros países |
Rexións: | Europa, Asia |
Falada por: | 145 millóns (1a lingua) e máis outros 110 millóns como segunda lingua |
Posición no mundo: | 7a máis falada |
Família: | Indoeuropea Grupo balto-eslavo Linguas eslavas Ruso |
Situación oficial | |
Lingua oficial en: | Rusia, Bielorusia, Casaquistán, Quirguisia, ONU, Ucraína (en Crimea) |
Regulata per: | Academía de Ciéncias Rusa |
ISO 639-1 | ru |
ISO 639-2 | rus |
Véxase tamén: Linguas indoeuropeas – Linguas do mundo |
O Ruso (antigamente coñecido como Gran Ruso, para diferencia-lo do Ucraniano ou Pequeno Ruso) é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraniano e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. Ó número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.
Índice |
[editar] Clasificación
O ruso e unha lingua da familia indoeuropea. Os seus parentes máis cércanos son o bielorruso e o ucraniano. En moitas áreas de Ucraína e Bielorrusia nas que están en contacto, os falantes úsanas indistintamente e mesmo chegan a producirse, como no caso de Surzhik, na Ucraína central, casos de falas híbridas. O vocabulario básico, os principios de formación das palabras e, ata un certo punto, mesmo as inflexións e o estilo literario foron fortemente influenciadas polo eslavo eclesiástico, unha linguaxe, adoptada en parte do eslavo eclesiástico do sur, empregada pola igrexa ortodoxa rusa. Esta e a causa de que determinadas palabras do ruso literario sexan máis similares ás do búlgaro moderno que as do bielorruso ou o ucraniano. Nalgúns casos as formas do eslavo de leste e as do eslavo eclesiástico coexisten, aínda que con matices de significado.
A fonoloxía e a sintaxe, especialmente nos dialectos setentrionais foron influenciadas en parte polas numerosas linguas finesas (algunhas delas xa desaparecidas) que se falaban no centro e norte da actual Rusia europea, e que entraron en contacto co eslavo oriental na Idade Media. Os dialectos falados ó norte de Moscova teñen un considerable número de palabras de orixe fino-úgrico.
Fora do ámbito das linguas eslavas o vocabulario e o estilo literario rusos foron moi influídos polo grego, o latín, o francés, o alemán e o inglés. O ruso moderno ten tamén un considerable número de palabras de orixe tártara e doutras linguas turcas.
[editar] Distribución xeográfica
O ruso falase en Rusia e, en menor grado, noutras países que foron parte da Unión Soviética. Ata 1917 foi a única lingua oficial do Imperio Ruso, Durante o período soviético a política lingüística, aínda que recoñecía as linguas propias de cada república constituinte e mesmo o dereito a educación primaria en moitas linguas de territorios sen rango de república, reservaba para o ruso tiña un status especial como lingua de comunicación supranacional e de cultura. O seu rol como lingua de intercambio entre as antigas repúblicas soviéticas continuou despois da desaparición desta en 1991, aínda que perdeu a situación de privilexio.
En Letonia, cun tercio da poboación rusófona, o debate para o seu recoñecemento oficial segue a estar presente. Noutra das repúblicas bálticas, Estonia, os falantes son ó redor dunha cuarta parte da poboación. Nos países do Pacto de Varsovia e outros países satélites da URSS foi lingua de escolarización obrigatoria, pero a súa desaparición do sistema escolar fixo que o coñecemento e o uso sexan limitados. Foi tamén amplamente ensinado en Laos, Vietnam, Camboxa e Mongolia.
En Israel hai (censo de 1999) ó redor de 750.000 xudeus rusófonos orixinarios de países da antiga URSS e atópanse comunidades de falantes de certo tamaño en Norteamérica. Segundo o censo do ano 2000 uns 4,2 millóns de persoas falan ruso nos EEUU. Na Europa occidental os grupos máis importantes de falantes de ruso concéntranse en Alemaña.
[editar] Status oficial
E lingua oficial en Rusia, and cooficial en Bielorrusia, Casaquistán, Quirguisia, a ucraniana República Autónoma de Crimea e nas non recoñecidas internacionalmente Transnistria e Abkhazia. Ë un dos seis idiomas oficiais da ONU.
97% dos estudiantes en escolas públicas de Rusia, 75% en Bielorrusia, 41% en Casaquistán, 25% na Ucraína, 23% en Quirguisia, 21% en Moldova, 7% en Azerbaijan, 5% en Georgia e 2% en Armenia e Tajikistan son educados só ou principalmente en ruso. A escolarización en ruso é tamén aínda posible nas Repúblicas Bálticas, malia os intentos dos gobernos locais por reduci-las materias ensinadas en ruso.
O ruso é, por último cooficial en sete comunidades de Romanía nas provincias de Tulcea e Constanza, onde a minoría dos Lipovans rusofalantes constitúe o 20% da poboación.
[editar] Alfabeto
O ruso escríbese có alfabeto ruso (русский алфавит ou русская азбука), variante do alfabeto cirílico (кириллический алфавит ou кириллица). Desde a reforma ortográfica do ano 1918 o alfabeto componse de 33 signos: 10 para reproducir as vocais, 21 para as consoantes máis dous signos Ь, Ъ que indican respectivamente a brandura (velarización) ou dureza da consoante anterior.
A táboa seguinte amosa as letras do alfabeto e a súa pronuncia. А /a/ Б /b/ В /v/ Г /ɡ/ Д /d/ Е /je/ Ё /jo/ Ж /ʐ/ З /z/ И /i/ Й /j/ К /k/ Л /l/ М /m/ Н /n/ О /o/ П /p/ Р /r/ С /s/ Т /t/ У /u/ Ф /f/ Х /x/ Ц /ts/ Ч /ch/ Ш /sh/ Щ /shch/ Ы /y/ Э /e/ Ю /ju/ Я /ja/