Marrocos - المغرب
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema nacional: Allāh, al-Watan, al-Malik (Árabe: «Deus, Patria, Rei») |
|||||
![]() |
|||||
Lingua oficial | Árabe1 | ||||
Capital | Rabat | ||||
Rei | Mohammed VI | ||||
Primeiro ministro | Driss Jettou | ||||
Superficie - Total - % agua |
Posto 56º 446.550 qm² 0,056% |
||||
Poboación - Total (2003) - Densidad |
Puesto 36º 31.689.267 70 hab./qm² |
||||
Independencia - Declarada |
De Francia 2 de marzo de 1956 |
||||
Moeda | Dirham (MAD) | ||||
Fuso horario | UTC | ||||
Himno nacional | Hymne Chérifien | ||||
Dominio Internet | .ma | ||||
Código telefónico | +212 | ||||
Membro de: LA, ONU UMA | |||||
1 Tamén nalgunhas zonas fálanse dialectos das linguas bereberes (tamazight), o francés é moi usual, e; o español fálase a cotío no norte e a costa sur. |
Marrocos (árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Mauritania até o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste até chegar a Alxeria, con quen limita ao leste e sueste.
Índice |
[editar] Historia
- 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
- 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
- 1900 : Morte de Ba Ahmed que é remprazado polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.
[editar] O Protectorado Francés
- 1902 - 1912 : A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
- 1907 : As forzas francesas deben intervir para protexer os seus nacionais.
- 1907-1910 : Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
- 1911 : As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
- 1912 : Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef rempraza o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.
[editar] Primeira Guerra Mundial
- 1915 : Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación encóntrase agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.
[editar] Sáhara occidental
Marrocos anexionouse de feito o Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo entre as partes sobre o censo do corpo electoral.
[editar] Xeografía
Se consideramos o Sahara, os países limítrofes son Mauritania ao suroeste e Alxeria ao leste e ao sureste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias e Madeira. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase España.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casabranca, Agadir, Fez, Marrakex, Mequínez, Tánxer ou Tetuán.
[editar] Ligazóns externas
- Maroc sur Wikitravel
- Un portail sur le maroc oriental
- Une bibliographie complète et commentée sur le Maroc, ainsi qu'une banque de données
- Marrocos - fotos
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Marrocos