Marsella - Marseille
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marsella (occitano: Marselha; francés: Marseille) é a segunda maior cidade de Francia. Localizada na antiga provincia da Provenza e na costa do Mediterráneo, é o maior porto comercial do país.
Ten unha poboación de 807 071 (censo de 1999), que sobe a 1 550 000 na área urbana de Marsella-Aix-en-Provence.
Marsella é a capital do departamento de Bouches-du-Rhône.
Foi poboada polos gregos no século VII a.C. Pasou para o dominio romano no 49 a.C. Na antiguidade tiña a designación de Marsilia.