National Geographic Society
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A National Geographic Society (en galego Sociedade Xeográfica Nacional) é unha organización que ten como obxectivo avanzar cara ao coñecemento xeral da xeografÃa e o mundo entre o público xeral. Para este fin, realiza bolsas de exploración e publica mensualmente unha revista, National Geographic.
A asociación foi fundada en Estados Unidos o 27 de xaneiro de 1888 por 33 homes interesados en "organizar unha sociedade para o incremento e a difusión do coñecemento xeográfico". Comezaron a discutir a formación da sociedade dúas semanas antes do 13 de xaneiro de 1888. Gardnier Greene Hubbard converteuse no seu primeiro presidente, e o seu xenro, Alexander Graham Bell, foi o seu sucesor.
Ãndice[agochar] |
[editar] A revista

The National Geographic Magazine, máis tarde abreviado como National Geographic, foi publicada por primeira vez nove meses despois da fundación da sociedade. Converteuse nunha das revistas máis coñecidas ao redor do mundo e é facilmente recoñecida polos seus caracterÃsticos bordes amarelos.
É unha publicación mensual, aÃnda que ocasionalmente realizáronse edicións especiais. Ademais dos artigos sobre diversos lugares, historia e cada recuncho do planeta, a revista é recoñecida amplamente pola súa calidade de edición e as súas estándares nas fotografÃas, o que a fai o fogar dos mellores xornalistas gráficos no mundo. Ata publicou fotografÃas a cor a comezo do século XX, cando esta tecnoloxÃa era incipiente.
Tamén é moi coñecida polos frecuentes mapas detallados que ofrece sobre as rexións que visita. Incluso os arquivos dos mapas da Sociedade foron empregados polo goberno dos Estados Unidos en momentos onde os seus recursos cartográficos eran limitados. Os suscriptores da revista tenden a coleccionalas (a gran parte doutras revistas tenden a ser descartadas logo de ser lidas) e poden adquirir caixas especiais para gardalas por ano.
No ano 1960 comezáronse a publicar fotos na capa frontal da revista; anteriormente, só contiñan texto.
Unha foto de portada do ano 1984 foi o retrato dunha rapaza refuxiada de Afganistán de intensos ollos verdes. A súa imaxe pasou a ser mundialmente famosa. Logo da invasión liderada por Estados Unidos a ese paÃs, realizouse unha procura da moza. Foi identificada no ano 2002 como Sharbat Gula. A súa historia foi contada na edición de marzo de 2003 da revista.
No ano 1995, National Geographic comezou a publicarse en xaponés, e foi a primeira edición nun idioma local. Actualmente a revista publÃcase en diferentes idiomas, incluÃndo xaponés, español, hebreo, grego, italiano, francés, alemán, polaco, coreano, portugués, chinés, checo, romanés, ruso e holandés.
[editar] Outras publicacións
The National Geographic School Bulletin é unha revista similar a National Geographic, pero orientada a mozas en idade escolar. Foi publicada durante o ano lectivo desde 1919 ata 1975, cando foi reemprazada por National Geographic World. En 1984 a sociedade creou "National Geographic Traveler", que foi seguida en 1999 por "National Geographic Adventure Magazine" e en 2001 por "National Geographic for Kids".
A sociedade tamén publica mapas, atlas e numerosos libros.
[editar] Televisión
- Ver artigo principal: National Geographic Channel.
A National Geographic Society tamén explorou o uso da televisión como un medio para levar as viaxes dos seus correspondentes e programas de interese educacional, cultural e cientÃfico ao fogar das persoas. Os programas especiais do National Geographic emitÃronse durante moitos anos en Estados Unidos pola PBS, a televisión pública. Os programas televisivos empezaron en 1964 na CBS, para trasladarse á ABC en 1973 e finalmente á PBS en 1975. En setembro de 1997, a sociedade lanzou a súa propia canle televisiva internacional, o National Geographic Channel que se pode ver por cable e vÃa satélite. En 2001 lanzouse en Estados Unidos.
[editar] Apoio a investigacións e proxectos
A sociedade axudou como patrocinadora de moitas expedicións e proxectos de investigación a través dos anos, incluÃndo:
- Dian Fossey - (gorilas de montaña).
- George Bass - (ArqueoloxÃa submarina).
- Gustavus McLeod - (Primeiro voo ao Polo Norte nun avión de cabina aberta).
- Hiram Bingham - (Escavacións en Machu Picchu).
- Ian Baker (Descubrimento das fervenzas de Tsangpo Gorge, no Tibet).
- Jacques-Yves Cousteau - (Exploración submarina).
- Jane Goodall - (Estudos sobre chimpancés).
- Le Berger - (As pegadas máis antigas do home moderno).
- Louis and Mary Leakey - (Descubrimento do fósil de Zinjanthropus, máis de 1,75 millóns de anos de antigüidade).
- Paul Sereno - (Dinosauros).
- Richard E. Byrd - (Primeiro voo sobre o Polo Sur).
- Robert Ballard - (Titanic).
- Robert Peary e Matthew Henson - (Expedición ao Polo Norte).
- Xu Xing - (Descubrimento de fósiles de dinosauro na China con caracterÃsticas descoñecidas).
A sociedade patrocina moitos proxectos sociais, como AINA, unha organización en Kabul dedicada ao desenvolvemento de medios de comunicación independentes en Afganistán. Tamén patrocina The National Geographic Bee, un concurso anual de xeografÃa para estudantes de escolas medias de Estados Unidos.
Por todo iso, en 2006 foi galardoada co Premio PrÃncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.