Nicte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nicte é o nome dunha divindade grega, a personificación da noite.
Nicte, tamén chamada "Nix", xurdiu espontánea e inmediatamente do Caos primixenio. Enxendrou ela soa as Hespérides e outras divindades que personifican unha serie de abstraccións: Némesis (a vinganza divina), Eris ou Eride (a discordia) e as Moiras (as deusas tecelanas do Destino).