Pavel Nedvěd
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pavel Nedvěd | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Pavel Nedvěd | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 30 de agosto de 1972 | ||
Lugar de nacemento: | Cheb, Chequia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | |||
Posición: | Mediocampista | ||
Altura: | 1,77 metros | ||
Partidos internacionais: | 91 | ||
Goles: | 18 (selección) | ||
Ano do debut: | 1991 | ||
Clube do debut: | Dukla Praha | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Pavel Nedvěd é un futbolista checo que é internacional polo seu país e que arestora milita na Juventus, clube que se atopa na segunda división italiana.
Anteriormente xogara para o Dukla Praga, Sparta Praga e Lazio.
Nedvěd é un incansable mediocampista cunha magnífica técnica e sobre todo un forte disparo con ámbolos dous pés, o que o fai perigosísimo nos remates dende fóra da área.
Según dixo recentemente esta tempada probablemente sexa a súa derradeira no fútbol profesional.
A nivel individual, gañou o Balón de Ouro no ano 2003 e tamén aparece na lista dos 125 mellores xogadores vivos feita por Pelé.
[editar] Biografía
Nedvěd aparece na escena internacional cando a selección checa chega á final da Eurocopa de Fútbol 1996. Perderían este encontro por 2-1, levándose a Alemaña o triunfo cun gol de Ouro de Oliver Bierhoff. O torneo, nembargantes deu a coñecer ós grandes futbolistas daquela selección, entre eles, o propio Pavel. Así, ese mesmo ano ficha pola Lazio, escadra italiana da Serie A, coa que conseguiría unha Copa de Italia (1998) e unha Recopa de Europa (1999).
No ano 2001 marcha cara a Juventus, que paga á Lazio 41,2 Millóns de Euros. Ao longo destes anos, foi unha peza imprescidible da escadra turinesa, sendo determinante nos scudettos que conseguíu nos anos 2002,2003,2005 e 2006.
Nas competicións europeas, chegaron ata a final da Liga de Campións do 2003, perdendo nos penaltis contra o AC Milan. Pavel non puido desputar este encontro por unha amoestación recibida nas semifinais contra o Real Madrid. Ese ano outorgaríanlle o Balón de Ouro, premio que recibe o mellor xogador europeo do ano segundo o xornal France Football.
Chequia non xogou os mundiais de Mundial de fútbol Francia 1998 e Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002, pero si estivo notablemente presente nas Eurocopas de 2000 e 2004. Nesta última caeron en semifinais contra a Grecia grazas a un gol de Prata nun saque dende o curruncho. Nedvěd resultou mancado neste encontro e tivo que ser sustituído. Esta lesión fixo que decidira o seu retiro da selección, cun total de 73 encontros xogados e 18 goles anotados.
De tódolos xeitos, este retiro non foi definitivo. En novembro do ano 2005 Pavel volta á selección para xogar a repesaca da fase de clasificación para o Mundial de Alemaña no 2006. Enfrontáronse a Noruega, vencendo os dous encontros por 1-0, tanto en Oslo coma en Praga. Así, Chequia participa nun mundial despois da separación de Checoslovaquia. Desgraciadamente, e tras gañar 3-1 ós E.E.U.U. de xeito abraiante, as lesións ceibáronse ca escadra e perderon contra á Italia e Ghana. Chequia non foi quen pasa-la primeira rolda.
Nedvěd retírase definitivamente pouco despois, nun encontro contra Serbia.
[editar] Títulos
- Liga Checoslovaca: 1992/1993
- Liga Checa: 1993/1994 - 1994/1995
- Copa de Chequia: 1996
- Copa de Italia: 1997/1998 - 1999/2000
- Supercopa de Italia: 1998, 2000, 2002, 2003
- Scudetto: 1999/2000, 2001/2002, 2002/2003, 2004/2005, 2005/2006
- Recopa de Europa: 1998/1999
- Supercopa de Europa: 1999
- Liga de Campións: 2002/2003