Santi Millán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago Millán Montes (Barcelona, 13 de setembro, 1968) é un actor español.
Índice |
[editar] Biografía
Catalán de pais andaluces, estudou no Institut del Teatre de Barcelona. Costeouse os estudos traballando nun matadeiro.
Ós 18 anos, foi cofundador de LACOMPAÑIAESGRATA, unha compañía de teatro na que un grupo de amigos escribía e improvisaba pequenas pezas cómicas. Posteriormente incorporouse a La Cubana, unha compañía teatral, coa que realizou xiras por toda España e tamén programas de televisión, series e especiais. Estivo ligado a ela durante máis de dez anos e coincidiu con José Corbacho.
Comezou en televisión na autonómica catalana TV3, onde participou en numerosos programas de humor e series. Pero o seu debut televisivo foi en TVE no programa El día por delante en 1989, conducido por Pepe Navarro,
Máis tarde, a produtora GloboMedia ofreceulle un papel destacado na serie Periodistas (serie de televisión). Debido á aceptación do seu personaxe, Santi Millán puido incorporarse unha vez rematou Periodistas ó elenco de intérpretes de 7 vidas, na que encarnou a Sergio, o mozo de Vero (Eva Santolaria) e irmán de Pablo (Leandro Rivera).
Simultaneou o seu traballo nesta serie coa súa participación nos programas da produtora El Terrat, entre eles Buenafuente presentado polo seu amigo Andreu Buenafuente.
A popularidade adquirida no medio televisivo permitiulle iniciar unha carreira en cine con títulos como Vivancos 3 (2003) ou Dí que sí (2004). Nesta etapa tamén participuo en varios programas de El club de la comedia.
En 2005 Ventura Ponschamouno para o seu primeiro papel serio en Amor idiota (Ventura Pons 2005).
Encadeou esta rodaxe coa de Va a ser que nadie es perfecto (Joaquín Oristrell, 2006), na que traballou con outro actor que compaxinou o seu traballo en televisión cunha carreira cinematográfica: Fernando Tejero.
No verán de 2006 estreou a serie Divinos para Antena 3 e que protagonizaba xunto a Paula Vázquez, un proxecto que non tivo audiencia e foi retirado da programación.
Na actualidade colabora de novo con Andreu Buenafuente no seu programa de late night en Antena 3.
Ten un fillo, Marc (nacido en 2005) coa súa compañeira Rosa Oluche.
[editar] Filmografía
[editar] Cine
[editar] Longametraxes
- El amor perjudica seriamente la salud (1996), de Manuel Gómez Pereira.
- Cegada de amor (1998) (TV-movie), de Fernando Colomo y Jordi Milán.
- Misión en Marbella (2001), de Santiago Segura (cameo).
- Lisístrata (2002), de Francesc Bellmunt.
- Nudos (2003), de Lluís Maria Güell.
- Vivancos 3 (2003), de Albert Saguer .
- Di que sí (2004), de Juan Calvo.
- Tapas (2005), de José Corbacho y Juan Cruz (cameo).
- Amor idiota (2005) de Ventura Pons.
- La Cubana 25 anys (2006) (TV), de Jordi Milán.
- Va a ser que nadie es perfecto (2006), de Joaquín Oristrell .
[editar] Curtametraxes
- El beso perfecto (1994), de Miguel Milena.
[editar] Televisión
- El día por delante (1989). Programa matinal diario en TVE.
- El martes que viene (1990). Programa debate para TVE.
- Per cap d'any, TV3 no fa res (1990). Programa de fin de ano con La Cubana para TV3.
- Els Graus (1991). MIniserie con La Cubana para TV3.
- Teresina, S.A. (1992). Serie con La Cubana para TV3.
- Telecena (1993). Especial Noiteboa con La Cubana para TVE.
- Premios Goya (1996). Colaboración con La Cubana para TVE.
- La cosa nostra (1999). Programa de humor en TV3.
- Me lo dijo Pérez (1999). Serie con La Cubana para Telecinco.
- La corriente alterna (2002). Programa de humor en Telecinco (colaboración).
- Periodistas (serie de televisión) (2002). Serie de televisión de Telecinco.
- El club de la comedia (2002-2004). Programa de monólogos.
- Lo Cartanyà (2005). Serie de TV3 (colaboración).
- Siete Vidas (2003-2006). Sitcom de Telecinco.
- Divinos (2006). Comedia para Antena 3.
- Los simuladores (2006). Serie de Cuatro (colaboración).
[editar] Teatro
- Cómeme el coco negro (1989-1991) con La Cubana.
- Cubanas a la carta (1990). Espectáculo de rúa con La Cubana.
- Cubana Maratón Dancing (1992) con La Cubana.
- Cegada de amor (1993-1998) con La Cubana.
- Cincohombres.com (2001).
- Ustedes se preguntarán como he llegado hasta aquí (2001)
- Comando a distancia (2003)
- Hombres, mujeres y punto
[editar] Curiosidades
- Conseguiu que Bono dixera "un, dos, tres, quince" en lugar de "un, dos, tres, catorce" na canción "Vertigo" nun concerto en Chicago para o programa Buenafuente.
[editar] Premios
- Unión de Actores.
- Candidato ó premio de mellor actor secundario de televisión por 7 vidas (2004, 2005).
- Fotogramas de Plata
- Candidato ó premio de mellor actor de televisión (2004)
- Candidato ó premio de mellor actor de cine (2005)