User talk:Servando2
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ola Servando, benvido á Galipedia. Se tes algunha dúbida contacta con calquera de nosoutros (Adalbertofrenesi) ou pregunta na Taberna (axuda). --Adalbertofrenesi(talk) 15:17, 15 Abr 2005 (UTC)
- benvid@, contigo este proxecto vai crecer coma se naaa, tes que crear a tua páxina de usuario nas que nos referencies mais ou menos que tes pensador facer para colaborar na galipedia. un saudo --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:50, 15 Abr 2005 (UTC)
- Sei que chego con algo de retraso pero aínda así quero darche a benvida ;) --Alyssalover(fálame) 20:55, 19 Abr 2005 (UTC)
- Únome ao saúdo de benvida Servando, grazas por unirte a nós. Calquera contribución que poidas facer á Galipedia será moi valiosa para a mellora deste proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:53, 20 Abr 2005 (UTC)
[editar] Páxinas en tradución
Hai dous tipos de marcadores (con avisos de tradución) para as páxinas noutras linguas que se importan a esta wikipedia: {{Nongalego}} e {{Entradución}}. O primeiro úsase cando a axuda doutros usuarios é benvida, mentres o segundo é para indicar que se está procedendo á tradución por un mesmo. Debe incluirse un deles sempre, basta con copialo e pegalo. En Alfabeto armenio habería que incluílo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:44, 1 maio 2005 (UTC)
- Non quero darche "a lata" pero é mellor que o aviso estea no comezo do artigo para que sexa máis visible. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:05, 1 maio 2005 (UTC)
[editar] Alfabeto fenicio
Ola Servando, vexo que retiraches entradución do artigo de alfabeto fenicio, non sei se o sabes, as imaxes das letras están en Commons, se non tes pensado cargalas dimo, cargareinas eu.--Rocastelo 14:46, 7 maio 2005 (UTC)
Se fixeses tal, agradeceríacho, eu aínda non son demasiado experto nisto, vou pouco e pouco; tede algo de paciencia comigo ;) Servando
[editar] 11 de novembro
Xa existe unha páxina que é 11 de novembro, é mellor que engadas a entrada que púxeches en 11 novembro alí para que apareza a túa edición no historial da páxina, porque 11 novembro ten que borrarse. Aproveito a ocasión para felicitarte polo traballo que estás facendo coas páxinas relacionadas coa lingüística, permiten mellorar considerablemente o contido deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:32, 1 agosto 2005 (UTC)
[editar] escritura
Ola, Servando. como aínda non te din a benvida, benvido a este proxecto que como ti dis, é moi itneresante e pagas a pena perder algo de tempo con el. Vexo que estás traducindo 'escritura' e que é un tema 'teu'; por eso creo que deberas engadirlle alomenos os autores que están en citas, ou ligar en Literatura e Lista de autores para facelo. Graciñas. --Agremon(contacto) 11:26, 13 agosto 2005 (UTC)
[editar] Traducións
Ola, tan só era para che recordar que metiches moitas páxinas para traducir, algunhas están alí dende agosto, de non teres tempo para traducilas dimo para proceder ao seu borrado, se precisas máis tempo para traducilas entón non hai presa e faino cando poidas, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:55, 17 outubro 2005 (UTC)
- Non te preocupes, as páxinas seguirán estando aí, faino ao teu ritmo. Tes razón ás veces é difícil atopar o tempo preciso para colaborar como quixeramos aquí, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:36, 18 outubro 2005 (UTC)
[editar] Sobre o artigo Falsos amigos
Ola, Servando. Que tal todo? O artigo que estás traducindo xa existe co nome falso amigo, así que prégoche que non traballes sobre o xa feito. O que si podes facer é revisar (e/ou ampliar) o que existe, pois sempre veñen ben as revisións. Un saúdo, amigo Servando.--Xoán Carlos Fraga 18:01, 29 outubro 2005 (UTC)
- Movido, sempre se pode reverte-los cambios. Que tal se oe?--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 11:59, 27 novembro 2005 (UTC)
- Grazas, xa me parecía estrano que fuse Anastacio na vez de Anastasio; de feito estou a poñer templates de circulación entre os papas, polo que debese de corrixir na fonte de orixe (ademáis das templates -que se poden editar dende o mesmo artigo-).--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 15:54, 1 marzo 2006 (UTC)
[editar] Ola e pregunta
Ola Servando. Son --Sobreira 16:31, 1 abril 2006 (UTC), ante todo un saúdo. Reformei un pouco o contido de metaplasmo, pero cheguei ó final e non entendín o de locus-tola. Podes verme ti se me trabuquei ou por explicar mellor o de cambio de número? ou é o mesmo que votum-voda?
[editar] Reis de Esparta
- Ola, vexo que traduciches algúns artigos dos reis de Esparta da wiki francesa, non obstante estou observando que as datas que aparecen nos artigos de fr.wiki, por exemplo fr:Cléombrote II non se corresponden cos que aparecen en Reis de Esparta, mirei nalgún lugar de internet e parece que a lista está ben, polo se vas traducir máis artigos sobre reis de Esparta debes ter en conta que as datas poderían estar erradas (e mesmo os feitos), polo que é mellor asegurarse nalgunha fonte externa de confianza, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:20, 5 abril 2006 (UTC)
[editar] Imaxes
Ola Servando, estamos revisando as imaxes da Galipedia para poñerlle a licenza e a información de orixe, quería preguntarche se lembras de que Wikipedia ou Wikipedias colleches as imaxes. Tamén se ao cargalas na Galipedia mantiveches o nome orixinal ou nalgún caso cambiaches o nome. Co esa información poderemos ir as Wikipedias orixinais e incluir a información precisa. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:45, 23 maio 2006 (UTC)
- Acabo de ver que algunhas xa o poñen no resumo, pero outras non. Como as que comezan por Aramaic, vese aquí. --Prevert(talk) 18:04, 23 maio 2006 (UTC)
- Grazas pola resposta. Xa fun atopando e marcando algunhas das imaxes, nun par delas non atopei a imaxe de orixe. Cando remate digoche que imaxes non atopo para poder localizalas. A túa axuda é moi valiosa, así que contamos contigo para medrar no futuro próximo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:40, 26 maio 2006 (UTC)
[editar] San Paulo?
¿Estás seguro de que San Pablo se di en galego San Paulo? Dígoo pola edición que fixeches ó artigo Gálata. É que en castelán hai tanto Pablo como Paulo como nome propio, e en galego debe ser igual. --O Tin 10:24, 28 maio 2006 (UTC)
[editar] Desculpas
Quizais fun demasiado rápido coa corrección de Septimio Severo. Non foi por mal, desculpas, estou empezando aínda. --Xabier Cid
[editar] Focas
Por respecto a ti e ó teu traballo, que me parece excelente, non procedín a actuar unilaterlamente e borrar a entrada Focas sen consultarte. Rógoche que leas Talk:Focas. Se non estás de acordo comigo, queda así: non pasa nada, non é importante (case é unha tontería que me dirixa a ti por isto).
O que si quero é agradecerche os teus esforzos na Galipedia e dicirche que estaría encantado de que contases comigo para o que quixeses. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:58, 20 xullo 2006 (UTC)
[editar] Image:800px-Carte-empire de basile II.png
Ola Servando2. Borrei a imaxe do título que ti subiches porque estaba sen licenza e encontreina en Commons con outro nome e un pouco maior tamaño: Image:Carte-Empire de Basile II.svg. Fixen o cambio dunha por outra no artigo Imperio bizantino sen que se perciba variación. Espero que teña eu feito ben as cousas. En caso de que observes algún problema coméntamo e procurarei arranxalo. Un cordial saúdo, --Lmbuga Commons - Galipedia 14:57, 22 xullo 2006 (UTC)
[editar] Wikipedia:Xornal da Galipedia
Ola Servando2!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
[editar] Khildeberto I
Boas compañeiro, quixera saber o teu punto de vista que te invitou a creares o artigo Khildeberto I, sendo que existe unha normativa na wiki.gl que permite a seguinte licenza "só se galeguizan os papas, santos, monarcas e membros de casas soberanas, ademáis dos persoaxes galegos falecidos cuio nome en vida xa era recoñecido no mesmo galego". Polo que penso que na prol de "K". ista deberáse transmutar nunha "C"; máis que nada; xa que a K espregase en poucas palabras galegas. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 17:29, 30 setembro 2006 (UTC)
[editar] Moitas grazas
O traballo que levas feito como Servando e Servando2 é impresionante, en particular quero agradecerche todas as edicións que fixeches este verán, un período no que moitos colaboradores reducen as súas aportacións. A calidade das túas edicións vese en artigos como Imperio Bizantino e Hitita que son os artigos destacados en portada de outubro e novembro. Moitas grazas por contribuir a que este proxecto comece a consolidarse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:57, 3 outubro 2006 (UTC)
- Sigo pensando que fixeches e estás a facer un gran traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:06, 5 outubro 2006 (UTC)
[editar] Concordo
Coincido plenamente con Prevert. O esforzo que estás facendo cos hititas é enorme. Grazas en nome de todos. Xa me gustaría a min ter feito tantos artigos dun mesmo tema... sobre todo dalgúns que me interesan. Se non coñeces o tradutor automático Apertium ou o Alén, que poden aforrarche algo de tempo, avísame. Un detalle: tén coidado cos nomes das categorías. Consignaches category:Reis dos hititas e category:Reis dos Hititas. A R inicial non importa, pero o "h" de "hititas" debería ser igual. Eu non sei do tema, ti proporás se debe ser H ou h (penso que "h", como se fose "Reis dos romanos"), pero usa só un. Trala decisión hai que modificar os que non coincidan co acordo. Metín as dúas en category:Hititas, dentro de category:civilizacións. --Sobreira (parlez) 01:36, 28 novembro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Servando2. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.
Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:
- Wikipedia:20.000 artigos
- Wikipedia:Xornal da Galipedia
- Wikipedia:Escribe na area
- Blog da Galipedia: Abrirase no momento en que se acaden os 20.000 artigos
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] Licia
Ola Servando. Estoy tabajando en el artículo es:Licia de la wikipedia en castellano, y noté que la versión gallega tiene secciones que nos vendrían muy bien allá. Pero como mi artículo es candidato a destacado no me gustaría que le falten referencias. ¿Qué bibliografía utilizó para las secciones de geografía, dominio macedonio, confederación licia y dominación romana? Un saludo, gracias, Amizzoni
- Ah, gracias, ya le pregunté al catalán. Y lo mismo digo, si puedo ayudarte en algo, no dudes en escribirme. (PD: por si te interesa para traducirla, la parte de dominación persa me quedó bastante bien en la versión castellana) Saludos, --Alejandro 21:49, 16 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Grazas do IES Pazo da Mercé
Moitas grazas por botarlle unha ollada aos nosos artigos. Están feitos polo alumnado (e algún que outro profe de ciencias) e ás veces temos erros na linguaxe escrita. Estamos a traballar na temática "drogas", e cando os artigos estén rematados tíñamos pensado que os corrixira a profe de Galego do noso centro, pero a túa axuda nos parace marabillosa.
Un saúdo--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 16:21, 13 marzo 2007 (UTC)