Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nebrasca ou Nebraskaé un dos 50 Estados dos Estados Unidos da América. Está situado nas grandes chairas, na rexión central do país. Limita ao norte con Dakota do Sur, a leste con Iowa e Missouri, con Kansas ao sur, con Colorado a suroeste e o Wyoming a oeste. Os alemáns son o maior grupo étnico do Estado, compondo o 38,6% da poboación.
O produto interno bruto é de 68 000 millóns de dólares, e a renda per capita é de 31 339 dólares. A economía do Estado baséase na agricultura, maioritariamente millo, trigo e sorgo, e tamén na pecuaria, tendo grandes rabaños bovinos e unha relativamente forte industria alimenticia. A rexión foi explorada inicialmente por franceses e españois no século XVII que se dedicaban ao comercio de peles. Tornouse territorio en 1854 e, en 1867, tornouse Estado da Unión.