Batalla de Kursk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A batalla de Kursk foi o maior enfrontamento de blindados da historia, comezou o 4 de xullo de 1943 nos arredores de Kursk.
Trala deshonrosa derrota en Stalingrado, o III Reich buscaba un revulsivo para retoma-la iniciativa no frente do leste. O Estado Maior Alemán decidiu que as planicies que rodeaban Kursk, serían un bó escenario dunha victoria que necesitaban vender á súa poboación.
Lembremos que por esa época os exércitos do Eixe tiveran as súas primeiras derrotas de relevancia: batalla de El-Alamein, perda de Tobruk, desembarco en Sicilia... Así, os alemáns comezaron a retirar material de guerra de países calmos coma Grecia, Francia, Holanda, e ós veteráns dó Áfrika Korps e a concentra-los ó rredor da cidade de Kursk.
Pero os continuos retrasos, os cambios de humor de Hitler e a complicada cuestión loxística retrasaron demasiado tempo o ataque. Ós soviéticos deulles tempo a construir tres barreiras defensivas ó redor da cidade, reunindo en total 50 Divisións, das cales 16 eran blindadas e compostas cós célebres T-34.
Nos cinco primeiros días de batalla, os alemáns perderon dous tercios do seu material. Kursk era impenetrable. O 12 de xullo, as Panzerdivisionen perderon 350 tanques e 10.000 homes, ademáis perderon a iniciativa do combate, os rusos saíron dos seus postos defensivos e avanzaron.
Foi a primeira batalla do frente do leste no que o Exército Roxo tivo claramente a superioridade aérea. Ademáis, o impulso moral para a poboación de saber que podían vencer, só pode ser comparado co sucedido trala batalla de Stalingrado.
No día 50 de batalla, os alemáns xa perderan 30 divisíóns completas (50.000 homes aprox.)
[editar] Tropas do III Reich
- 50 divisións, incluíndo 17 divisións mecanizadas.
- Entre estas incluíanse as mellor equipadas e adestradas de todo o exército alemán: Gross Deustchland (Gran Alemaña). As Divisións mecanizadas do Arma SS (Waffen SS): Leibstandarte, Totenkpf (Caveira) e Das Reich (O Imperio).
- Os alemáns concentraron novas armas recén saídas da fábrica: tanques Tigre, carros antitanque Elefante (cunha armadura máis ancha que o blindaxe dun destructor).
- Numerosas unidades da Luftwaffe e de artillería.
[editar] Tropas da Unión Soviética
- 1.300.000 soldados
- 3.600 tanques
- 20.000 pezas de artillería, (6.000 cañóns antitanque de 76 mm).
- 2.400 cazas
- Estes datos representaban a quinta parte do Exército Roxo, a terceira parte dos tanques, e a cuarta parte da aviación.
- Desplegaron 3.400 minas por quilómetro de fronte.
- Puxeron a 300.000 civís a cava-las trincheiras para esconder todo o material.
Ver tamén
- batalla de Stalingrado
- II Guerra Mundial
- Grandes Batallas
- The Battle of Kursk por David Glantz, Jonathan House