Marte (planeta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o planeta do Sistema Solar, para outros artigos co mesmo nome, vexa Marte
|
Cuarto planeta do Sistema Solar. Por ser vermello ten o nome do deus romano da guerra. Marte ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Marte ten dúas pequenas lúas, pequenas e deformadas, posibelmente asteroides capturados polo planeta. Marte ten casquetes polares que conteñen auga e dióxido de carbono xelados. Posue a maior montaña do sistema solar, o Monte Olimpus, que ten 25 km de altura. Marte ten unha atmosfera moi fina, cunha presión na superficie de 7.5 milibares (a da Terra ten 1013), estando composta nun 95% por dióxido de carbono e moi pouco oxíxeno. Forma parte dos denominados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o primeiro dos planetas exteriores á órbita terrestre. É, posibelmente, o máis semellante á Terra.
Tycho Brahe mediu con gran precisión o movimento de Marte no ceo. Os datos sobre o movimento retrógrado aparente permitiron a Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movimento planetario coñecidas como leis de Kepler.
Marte ten un lugar especial na imaxinación popular debido á crenza de que o planeta é ou foi habitado no pasado. Esta idea xurdiu debido ás observacións realizadas a fin do século XIX por Percival Lowell. Percival Lowell observaba canles e áreas que mudaban de tonalidade coas estacións do ano e imaxinou Marte habitado por unha civilización antiga que loitaba para non morrer de sede. De feito, o que Percival Lowell observou ou non existia ou eran leitos secos ou mudanzas naturais na coración do planeta debido a tempestades de area. Recentemente, a polémica en torno da existencia da vida en Marte foi reavivada coa descoberta dun meteorito marciano con posíbeis vestixios de vida.
Datos:
- masa: 0.11 da masa da Terra
- densidade relativa média: 3.95
- gravidade á superficie: 0.38 G (1 G = 9,8 m/s2)
- área superficial: 0.28 da área da Terra
- maior distancia ao Sol: 249,200,000 quilómetros
- maior aproximación á Terra: 78,390,000 quilómetros
- período orbital: 687 dias terrestres
- duración dun dia marciano: 24 horas 39 minutos e 35 segundos.
- temperatura máis baixa: -187 C
- satélites : 2, Fobos (do grego "medo") e Demos (do grego "pánico")
- inclinación de súa órbita en relación á eclíptica: 1° 51'
A exploración de Marte está chea de problemas. O primeiro satélite ben sucedido a orbitar Marte foi a Mariner 4 en 1965. Os soviéticos conseguiron aterrar unha sonda en 1974, mais a primeira misión cientificamente importante foi a sonda americana Viking I en 1976. Unha das máis exitosas misións a Marte foi a sonda Mars Pathfinder que enviou un vehículo robot que recolleu moita información sobre a superficie marciana. Recentemente, o máis exitoso de todos os proxectos é a Mars Global Surveyor, que fotografou Marte cunha resolución moito maior do que puideron facer as misións anteriores .
Os dous satélites de Marte teñen forma de pataca. Por seren tan pequenos - Fobos, 28 km de diámetro, e Deimos, 16 km - só foron descobertos en 1877.
Outras misións máis recentes exitosas son as dos robots de exploración "Spirit" (Espírito) e o seu irmán xemelgo "Opportunity" (Oportunidade).
O Spirit foi lanzado o 10 de xuño do [[2003] e, despois de viaxar 487 millóns de quilómetros, chegou á superficie de Marte e deceu en paraquedas ata o cráter Gusev o 4 de xaneiro de 2004.
O Opportunity á súa vez foi lanzado a 7 de Xullo de 2003. Pousou o dia 25 de xaneiro de 2004 en Meridiani Planum, no pólo norte.
Xa a sonda Beagle2, da Axencia Espacial Europea (ESA), enviada a través da sonda orbital Mars Express, non deu sinais de funcionamento despois da chegada ao "planeta vermello".
Sistema Solar | |
---|---|
Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |