Codia terrestre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A codia terrestre é a capa máis superficial da Terra, parte da litosfera, que ten un espesor variable entre os cinco quilómetros de profundidade nos océanos ata 40 kilómetros de profundidade media nas cordilleiras continentais. A codia terrestre está composta por rochas silíceas, distinguíndose tres capas principais:
- Capa sedimentaria: está formada por rochas sedimentarias que se sitúan sobre os continentes e sobre as plataformas continentais. Esta capa está formada por rochas repregadas que forman parte das cordilleiras actuais e antigas dos continentes e da base da plataforma continental, e por sedimentos recentes que se depositan fundamentalmente sobre a plataforma continental e os fondos mariños próximos ao continente.
- Capa granítica: está formada por rochas parecidas ao granito. Forma a masa fundamental das zonas continentais emerxidas. Entre esta capa e a seguinte apréciase a discontinuidade de Conrad, chamada tamén "canle da litosfera", que marca os límites da capa granítica e a capa inferior basáltica. Tanto a capa sedimentaria como a granítica son capas discontinuas e atópanse como flotanto en equilibrio isostático sobre a capa basáltica, como o fai un iceberg sobre a auga.
- Capa basáltica: está formada por rochas semellantes ao basalto. É unha capa continua ao redor da Terra, ao contrario cás dúas anteriores. A discontinuidade de Mohorovicic separa a capa basáltica do manto.
A codia terrestre é unha gran descoñecida polas dificultades que presenta o seu estudo. Non obstante, os datos que facilitan os estudos sismolóxicos contribuiron de forma importante ao coñecemento da estrutura interna da Terra. A través da análise da propagación das ondas sísmicas constrúense perfís que proporcionan a xeometría das estruturas tectónicas.