Ditadura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Política |
---|
Poderes |
Executivo | Lexislativo | Xudicial |
Formas de Goberno |
Monarquía | República | Anarquía |
Réximes e Sistemas |
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia |
Tipos de Poder |
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo |
Clases de Estado |
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República |
Conceptos |
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País |
Procesos |
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby |
División administrativa |
Cantón | Comunidade Autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia |
Cargos e Postos |
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador |
Disciplinas |
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía Política | Historia Política | Metapolítica | Política Internacional | Teoría Política | Xeopolítica |
Ideoloxías |
Esquerdismo | Dereitismo Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá |
Actitudes |
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neo-imperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposicionismo | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidarismo | Bipartidarismo e | Unipartidarismo Abstención | Amnistia | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo |
A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou as veces un grupo de individuos máis ou menos estenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respeita.
Índice |
[editar] Etimoloxía e historia
O termo procede do latín dictatura que designaba na época da República romana unha maxistratura excepcional, qui confería todos os poderes a un único home: o ditador ou dictator (etimoloxicamente « o que fala »). Esta maxistratura suprema, provista de regras de designación precisas e temporaria (6 meses como máximo, aínda que podían ser renovados, se as circunstancias seguían a ser extraordinarias), era posta en práctica en caso de perigo grave contra a República. Foi abolida despois das ditaduras de Sula e de Xulio César.
A palabra dictador designa hoxe o que se denominou tirano na Antigüidade ou déspota no Antigo Réxime (aínda que tirano tamén se usou nesta última época). Esta acepción que foi desenrolada durante a Revolución francesa[1], úsase tamén na época contemporánea.
Aristóteles, na súa tipoloxía dos réximes, fai da tiranía unha forma corrompida de goberno dun só (é dicer, da monarquía). Montesquieu, na súa obra O espírito das leis (De l'esprit des lois), propón unha tipoloxía que se fixa nos gobernados : o despotismo é entón un goberno que non respeita as liberdades dos individuos e que ten por principio o temor.
[editar] Criterios contemporáneos
No campo político, denomínase ditadura un réxime no cal un home (o ditador), ou un grupo de persoas, dispoñen dun poder absoluto, manténdose nel de maneira autoritaria e exercéndoo de xeito arbitrario.
O carácter absoluto do poder ven perfilado, nomeadamente, pola ausencia de separación de poderes (executivo, lexislativo, xudiciario). Esta confusión de poderes pode ser en proveito do executivo (o caso máis corrente) ou en favor do lexislativo (réxime asembleario). Outra característica é a ausencia de control democrático e a carencia de eleccións libres (represión dos opositores, falla de respeito da liberdade de opinión e de prensa]]).
O carácter arbitrario do poder tradúcese por non respeitar o Estado de dereito (violación da Constitución, estabelecemento de leis de excepción).
Se ben moitos ditadores chegan ao poder logo dun golpe de Estado ou despois dunha guerra civil (Francisco Franco), non falta o caso do dirixente que sendo elixido democraticamente se converta nun ditador (foi o caso de Adolf Hitler, e máis recentemente Alberto Fujimori).
[editar] Exemplos históricos : diversidade de ditaduras
Con criterios de poder autoritario, manténdose pola opresión, e con ausencia de eleccións libres, un grande número de réximes, con funcionamentos e ideoloxías diversas poden se cualificados de dictatoriais.
[editar] Partido único
- Adolf Hitler - Alemaña,
- Saddam Hussein - Iraq,
- Benito Mussolini - Italia
- Tchang Kai-chek - Taiwan
- António de Oliveira Salazar - Portugal
- Francisco Franco - España
- Miguel Primo de Rivera - España
- Mobutu Sese Seko - Zaire
- Sékou Touré - Guinea
- Idi Amin Dada - Uganda
[editar] Partido único comunista
- Erich Honecker - Alemaña Oriental,
- Khmers vermellos, Pol Pot - Camboia
- Kim Jong-il - Corea do Norte
- Mao Zedong - China,
- Fidel Castro - Cuba,
- Matyas Rakosi - Hungría
- Nicolae Ceausescu - Rumanía
- Staline, Brejnev - URSS
- Tito - Iugoslavia
[editar] Ditatura militar
- Xunta militar, Ne Win - Birmania
- Réxime dos Coroneis, Yeóryios Papadópoulos - Grecia
- Augusto Pinochet - Chile
- Manuel Noriega - Panamá
- Muhammad Zia-ul-Haq - Paquistán
- Xunta militar, Jorge Videla - Arxentina
- Xunta militar, Efraín Ríos Montt - Guatemala
- Xunta militar, Humberto Castelo Branco - Brasil
[editar] Teocracia
- Réxime dos talibáns - Afganistán
- República Islámica de Irán
[editar] Outras ditaduras
- Slobodan Milosevic - Iugoslavia
- Fulgencio Batista - Cuba
- Philippe Pétain - Réxime de Vichy (Franza)
- Miklós Horthy - Hungría
- Józef Piłsudski - Polonia
- Suharto - Indonesia
- Teodoro Obiang Nguema Mbasogo - Guinea Ecuatorial
[editar] Temas relacionados
- Absolutismo.
- Monarquía absoluta.
- Autoritarismo.
- Democracia.
- Despotismo
- Doutrina Kirkpatrick.
- Ditadura militar.
- Totalitarismo.
- Plutocracia.
- Forma de goberno.
- Desobediencia civil.
- Ditadura constitucional.
- Desobediencia lexítima.
- Teocracia.
- Tiranía.