FC Bayern München
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
{{{escudo}}} | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome completo | Fußball-Club Bayern München | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | Os vermellos | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 27 de Febreiro de 1900 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Allianz Arena, Múnic, |
||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | 30 de maio do 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | 70.000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | Karl-Heinz Rummenigge | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Ottmar Hitzfeld | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | 1 Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Temp. 2005-06 | 1º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Marca da camiseta | Mythos | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Publicidade da camiseta | T-mobile | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Bayern Múnic (alemán: FC Bayern München) é un club de fútbol de Alemaña, da cidade de Múnic en Baviera. Foi fundado o 27 de febreiro de 1900 e xoga na primeira división da Bundesliga (liga alemá de fútbol).
Índice |
[editar] Historia
Foi fundado no ano 1900 na cidade bávara de Múnic. O club é o máis famoso e exitoso do seu país, e ten máis de cen mil socios inscritos, o que o fai tamén o máis grande e popular. O equipo é, ademais, un dos únicos catro en gañar as tres copas europeas. O momento máis álxido da súa historia chegou a mediados da década do '70, cando acadaron tres Copas de Europa de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976).
Os comensais que na noite do 27 de febreiro de 1900 ceaban no restaurante Gisela de Múnic non podían sospeitar que naquel momento, nunha das mesas xunto a eles, se estaba a xestar o nacemento do mellor equipo de Alemaña.
O equipo máis grande de Alemaña
Franz John, xogador do MTV 1879 e dez dos seus compañeiros, cansados das condicións en que tiñan que traballar, reuníronse aquel día para rescindir o contrato que tiñan co seu club.
O club que crearon chamouse Schwabinger Bayer. Anos mais tarde trocarían o nome polo de Bayern de Múnic. Os comezos do equipo foron difíciles, á sombra do MTV 1879 e sen apenas medios, o club tivo que superar moitas dificultades para sobrevivir.
A popularidade doutros deportes, especialmente dende a chegada dos nazis ó poder, relegou ó fútbol a un segundo plano. Rematada a II Guerra Mundial o fútbol seguía a ser o irmán pobre do deporte alemán.
Cando Alemaña conseguiu o Campionato do Mundo en 1954, a tendenza inverteuse radicalmente e o fútbol converteuse no deporte máis popular do país. A apisoadora alemá nacera. En 1963 creouse a liga alemá, a Bundesliga, pero o Bayern non foi invitado a xogala. O seu primeiro ano na Bundesliga coincidiu coa chegada dun xove xogador chamado Franz Beckenbauer ó club.
Beckenbauer tiña abandonado o seu club, o Múnic 1860 tras dunha discusión cos directivos. Até que punto lamentaron os directivos esa discusión a historia o di. No Bayern xa xogaba un xove porteiro chamado Sepp Maier e na dianteira un home ó que o entrenador chamaba o "muiñeiro gordiño".
Anos despois ese sobrenome sería substituído por outro, que o mundo enteiro coñecería: "Torpedo Muller". No seu primeiro ano na Bundesliga, a temporada 1965/66, o Bayern conseguiu o seu primeiro título nacional. Ó ano seguinte gañou a Copa e no 67 iniciou a conquista de Europa.
Na final da Recopa ese ano enfrontáronse a un dos mellores Glasgow Rangers da historia. Os alemáns pasaronlles por enriba sen contemplacións. Alemaña convertérase no berce dos mellores xogadores do continente.
En 1974 nunha final que pasará á historia o Bayern empatou ante o Atlético de Madrid grazas a un disparo dende o centro do campo no minuto 92 do partido. No partido de desempate disputado ó día seguinte, o Bayern acadou a súa primeira Copa de Europa ó gañar, esta vez sen paliativos por 4-0.
Ese verán a columna vertebral do Bayern gañou a segunda Copa do Mundo para Alemaña ante a laranxa mecánica de Johan Cruyff. O dominio do "Kaiser", sobrenome de Franz Beckenbauer, non rematara aínda. En 1975 o Bayern gañou a Copa de Europa e repetiu triunfo en 1976.
Beckembauer retirouse en 1977, e o equipo notou a súa ausencia durante tres anos nos cales non conseguiu ningún título. Estes volveron da man dun mozo loiro e delgado chamado Karl Heinz Rummenige. Dúas ligas, unha no 80, outra no 81 e unha copa no 82 pechan a época gloriosa do Bayern.
Desde entón o carrusel de técnicos que pasaron polo equipo non conseguiron devolver ó Bayern os seus días de gloria. En 1987 o Bayern, que chegara á final da Copa de Europa, foi derrotado polo Oporto dun raparigo de 18 anos chamado Paolo Futre. O Kaiser volveu ó equipo para rescatalo da mediocridade, esta vez desde a bancada, e como non podía ser doutro xeito o Bayern gañou o campionato.
Despois, retirouse aos despachos para dirixir ó equipo desde a Presidencia. O equipo recuperou coa súa xestión parte do brillo perdido. Con Jürgen Klinsmann no campo o Bayern inscribiu o seu nome na lista de campións da UEFA en 1996. Tres títulos máis na década dos 90 devolveron ó Bayern ó seu lugar en Alemaña, unha Copa e dúas ligas, a última das cales daría ó equipo o pase á Champions.
Despois de demostrar ser o equipo máis forte da competición, o equipo chegou á final que se xogou en Barcelona. Nun partido que os alemáns desexan esquecer o Bayern gañaba por un gol a cero no minuto 88 do partido. En tan só dous minutos o Bayern viuse despoxado da gloria con dous goles dos ingleses, noutra cruel final da Copa de Europa .
En 2001 o equipo bávaro tomou cumprida revancha, volvendo a reeditar os seus laureis de campión da Copa de Europa (Liga de Campións) nunha final decidida aos penaltis contra o Valencia CF.
[editar] Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta parda, pantalón negro e medias negras.
[editar] Estadio
Adoitaba xogar no Estadio Olímpico (Olympiastadion), pero en 2005 trasladouse ó Allianz Arena, construído con motivo da Copa do Mundo do ano 2006.
[editar] Xogadores Importantes
|
|
|
[editar] Palmarés
[editar] Torneos nacionais
- Campión da Bundesliga (20): 1931-32, 1968-69, 1971-72, 1972-73, 1973-74, 1979-80, 1980-81, 1984-85, 1985-86, 1986-87, 1988-89, 1989-90, 1993-94, 1996-97, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2002-03, 2004-05, 2005-06.
- Copa de Alemaña (DFB Pokal)(13): 1956-57, 1965-66, 1966-67, 1968-69, 1970-71, 1981-82, 1983-84, 1985-86, 1997-98, 1999-00, 2002-03, 2004-05, 2005-06.
- Supercopa de Alemaña (3): 1983, 1987, 1990.
- Copa da Liga de Alemaña (5): 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2003-04.
[editar] Torneos internacionais
- Copa Intercontinental (2): 1976, 2001.
- Copas de Europa/Liga de Campións da UEFA (4): 1973-74, 1974-75, 1975-76, 2000-01.
En 1976 adxudicou a copa en propiedade, tras conseguir vencer en 3 ocasiones consecutivas.
- Recopa de Europa (1): 1966-67.
- Copa da UEFA (1): 1995-96.