J.R.R. Tolkien
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Ronald Reuel Tolkien foi un escritor inglés, nado en Bloemfontein no ano 1892; aínda que aos tres anos marchou coa súa familia a Gran Bretaña, morreu en Bournemouth, en 1973. Tolkien foi un especialista en historia medieval, filólogo e escritor fantástico de orixe sudafricana.
É coñecido polas súas novelas de fantasía, que teñen a peculiaridade de conformar entre todas elas un mundo mitolóxico con unha identidade propia tan "real", que nas súas historias non só atopamos unha cronoloxía histórica coherente entre moitas das súas novelas, senon tamén unha xenealoxía ben definida das súas persoaxes e incluso linguaxes propias, completamente inventadas e perfectamente coherentes, dende un punto de vista lingüístico. Un exemplo destas linguas serían as Eldarin, ou linguas élficas, entre as que se atopa o Quenya.
Dentro das súas novelas, destacan as que forman parte do universo do Señor dos Aneis: O Hobbit (1937), a propia triloxía do Señor dos Aneis (1954-55), e O Silmarillion, no que se explica toda a mitoloxía que conforma dito universo.
Deu clases de literatura medieval na Universidade de Oxford. Os coñecementos que posuía sobre esta materia resultan evidentes nas súas obras, de carácter épico principalmente, que se desenvolven nun mundo fantástico creado por el mesmo e chamado a Terra Media. Escribiu O Hobbit (1937) para os seus fillos. A súa continuación, a triloxía titulada O Señor dos Aneis (1954-1955), é un conto imaxinativo e profundo sobre a loita entre o ben e o mal pola posesión dun anel máxico nun mundo de elfos, orcos, dragóns e outros seres míticos. O Silmarillion (1977), que relata os comezos mitolóxicos da Terra Media, e O Libro dos contos perdidos (1980), que contén relatos que non se incluiron nos seus outros libros e que foron recopilados polo seu fillo, Christopher Tolkien, trala morte do autor.