Lingua bérber
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As linguas bérberes (tamazight) forman un grupo de línguas africanas derivadas do antigo bérber, separado en dúas ramas : línguas bérberes do Norte e do Sur. Estas línguas esténdense desde Marrocos ata Exipto, pasando por Alxeria, Tunisia, o Níxer e Mali. Coñécense unha trintena de variantes dialectais. Posúe un sistema propio de escrita, que os Tuaregs conservaron : o tifinagh. As línguas bérberes asimilaron empréstamos variados: do fenicio, do latín, do turco, do árabe, do francés, e do español.
Non ha cifras oficiais sobre o número de falantes, mais estímase que andará arredor de 20 millóns de usuarios.
![]() Localización das variantes |
|
Chleuh | Zayane |
Rifense | Chenoui |
Cabilense | Chaoui |
Tuareg | Sahariano |
Índice |
[editar] Condicións sociais
Con a islamización dos bérberes e a inmigración de tribus árabes orientais, o bérber tivo de competir desigualmente co árabe, pois o árabe clásico, como lingua do Corán, considerábase sagrada. Despois da independencia dos países norteafricanos, o árabe foi adoptado, de novo, como a lingua do Estado, mais o bérber continuou marxinado.
Desde a sanguenta revolta popular da Cabilia, no ano 1980, causada pola suspensión gobernamental dunha conferencia sobre poesía bérber, o movemento bérber mostrou dimensións políticas e supranacionais. En 1994, o rei de Marrocos, Hasan II decidiu introducir o bérber na escola primaria. Pero esta decisión non se chegou a completar nunca. No ano 2001, o novo monarca, Mohamed VI, creou o Instituto Real da Cultura Amazigh, que tiña como algúns dos obxectivos definir un bérber estándar, e promover o seu uso.
Actualmente,o bérber é estudado en 300 escolas, sobretodo en zonas berberófonas. Existen noticiarios televisivos nas tres variedadas marroquís. Mais con todo, aínda non é língua oficial en ningún estado.
[editar] Fonética e fonoloxía
Dada a grande extensión dos territorios nos que se fala este complexo lingüístico, non é posíbel sintetizar todas as características fonéticas. Apuntaranse só algunhas das máis salientábeis.
[editar] Vogais
Gran parte dos dialectos bérberes coñecen un sistema vocálico extremamente reducido, con a presenza de tres únicas vogais fonolóxicas: /i/, /a/, /u/. Os dialectos do tuareg, por contra, gozan dun sistema vocálico moito máis rico e articulado, que comprende tamén: /e/ e /o/, e máis dúas vogais "breves" /ə/ e /ă/. É posíbel que esta situación derive da orixinaria, na que tres vocais breves /*i/, /*a/, /*u/ convivían con tres vocais longas /*i:/, /*a:/, /*u:/, como se transparenta nas grafías máis antigas de textos bérberes en caracteres árabes. Hai tamén doutras variacións particulares postas en evidencia pola lingüística histórica (mantemento dalgunhas "vocais breves" en zenaga, orixe de sons "labiovelares" proximidade do antigo u breve, etc.).
Como fose, hoxe o tratamento da "lonxitude vocálica" é distintivo só en tuareg, onde mesmo algúns cren ver unha serie de vogais "hiperlongas" en certos contextos como no denominado "perfeito resultativo" ou en certos "imperfeitos" ("aoristos intensivos").
[editar] Consoantes
O consonantismo bérber presenta diversas características interesantes:
- ausenza, no patrimonio fonolóxico común, de numerosos sons posteriores (farínxeos e laringais), que son por contra típicos do árabe e que, porén, aparecen nos sistemas fonolóxicos dos falares do Norte a consecuencia da forte influencia arábiga;
- reparto das consoantes en tres series xorda-sonora-enfática (un trato característico de moitas línguas afroasiáticas)
- en conxunto, os dialectos bérberes pódense clasificar, sobre a base das realizacións das oclusivas, en "falas oclusivas" contra "falares de tendenza aspirante". Estas últimas falas apresentan fricativas alí onde outras mostran oclusivas. Por exemplo [θ] por [t], [ð] por [d], [v] por [b], etc.
- tendenza a realizar as consoantes "longas" (ou "xeminadas") cunha maior tensión que as consoantes simples, o que con frecuencia as leva a comportarse como oclusivas (ou africadas) e xordas a respeito de consoantes simples fricativas e sonoras. Por exemplo, [ɣ] xeminado non se realiza como [ɣɣ] senón como [qq], [ḍ] xeminado non da [ḍḍ] mais si [ṭṭ]. Debe advertirse aínda, en moitos dialectos, a substitución das semivogais "longas" [ww] con [bbw] / [ggw] e [yy] con [gg] / [ggy]
- presenza, en moitos dialectos, de sons "labiovelares": [kw], [gw].
[editar] Gramática
Desde un punto de vista tipolóxico, o bérbere é unha língua flexiva (con máis precisión "introflexiva"), cunha orde sintáctica básica VSO (Verbo - Suxeito - Obxecto), que alterna frecuentemente con SVO (Suxeito - Verbo - Obxecto).
[editar] Morfoloxía
A morfoloxía introflexiva, típica de grande parte das línguas afroasiáticas, conleva mutacións vocálicas, no interior da palabra, con valor morfolóxico. Por exemplo:
- adrar "monte", pl. idurar
- gulleɤ "xurou" mais (ad) galleɤ "xurará".
Ademais da alternanza vocálica, a morfoloxía fai uso ben de prefixos ben de sufixos. Por outra banda, un tratamento abondo característico da súa morfoloxía é o da presenza de numerosos "morfemas discontinuos" (circunfixos), e dicer afixos que "circundan" a base que modifican, con a presenza ao mesmo tempo dun prefixo e un sufixo. Por exemplo:
- te-ggull-eḍ "ti xuraste"
- amellal "branco" (m.), mais ta-mellal-t "branca" (f.)
- yexdem "traballou", mais: wer yexdim ara "non traballou".
[editar] Nome
Os nomes en bérber expresan por norma:
- o número (singular vs. plural)
- o xénero (masculino vs. feminino)
- o "estado" ("estado libre" vs. "estado de anexión")
Esta última categoría é típica das palabras do estrato bérber, mentres non se encontra en nomes provenientes doutras linguas, de xeito particular nos numerosos empréstamos do árabe. Esta de feito está na orixe de modificacións fonéticas sucesivas cn a incorporación nos nomes do "artigo", ausente por contra na maior parte dos empréstimos (aínda que tamén o pode conter).
Algúns exemplos:
- singular
- amɣar "vello" (masculino singular, estado libre) / wemɣar (masc. sg., estado de anexión)
- tamɣart "vella" (feminino singular, estado libre) / temɣart (fem. sg., estado de anexión)
- lebḥer "mar" (masc. sing., indiferente a respecto do estado: empréstimo do árabe bahr "mar")
- plural
- imɣaren "vellos" (masculino plural, estado libre) / yemɣaren (masc. pl., estado de anexión)
- timɣarin "vellas" (femminino plural, estado libre) / temɣarin (fem. pl., estado de anexión)
- lebḥur "mares" (masc. pl., indiferente a respecto do estado: empréstimo do árabe)
[editar] Verbo
O verbo bérber presenta tres "tempos" principais:
- o perfecto (ou "completo")
- o aoristo (a miudo acompañado de "partículas")
- oimperfecto (ou "aoristo intensivo")
Polo demais, existen formas de
- perfecto negativo e de
- imperfecto negativo
que son usados (case) só en contextos negativos.
Todo "tempo" está caracterizado por un tema propio, que polo corrente está formado simplemente mediante apofonía (mutación vocálica) no que respeita ao perfecto e ao aoristo, mentres o imperfecto fórmase a partir do aoristo con variados medios morfolóxicos como redobramento consoántico ou con o uso de prefixos. As diferentes persoas fórmanse con prefixos, sufixos e circunfixos que son os mesmos en cada "tempo".
Un exemplo con o verbo af "encontrar"
-
-
persoaa Aoristo Perfecto Imperfecto 1 sg. (ad) af-eɤ ufi-ɤ ttaf-eɤ 2 sg. (ad) t-af-eḍ t-ufi-ḍ te-ttaf-eḍ 3 sg. masc. (ad) y-af y-ufa ye-ttaf 3 sg. fem. (ad) t-af t-ufa te-ttaf 1 pl. (ad) n-af n-ufa ne-ttaf 2 pl. masc. (ad) t-af-em t-ufa-m te-ttaf-em 2 pl. fem. (ad) t-af-met t-ufa-mt te-ttaf-met 3 pl. masc. (ad) af-en ufa-n ttaf-en 3 pl. fem. (ad) af-ent ufa-nt ttaf-ent "encontrarei"
"encontrarás"
etc."encontraba"
"encontrabas"
etc."encontrei"
"encontraste "
etc.
-
O imperativo fórmase con o tema simple do aoristo, sen desinencias para o singular, con os sufixos -t (masc.) e -emt (fem.) para o plural. O imperativo, é o che fornece a forma máis breve do verbo, sendo utilizada como "forma de citación" dos verbos nos dicionaros, en vez do infinito ou outras persoas e tempos.
A variedae de mutacións vocálicas nos diversos tempos é grande e da lugar a numerosas conxugazións (na súa gramática do tuareg, Charles de Foucauld contatou máis de cen).