Lingua caxuba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O caxubo é unha lingua da familia eslava falada ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovinciano. Estruturalmente, tén unha grande cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.
Índice |
[editar] Datos básicos
Autoglotónimo: kaszëbsczi
Heteroglotónimo: caxubo (galego), kassubian (inglés), kashubian (inglés), Kaschubische Sprache (alemán), ...
Familia lingüística: línguas eslavas
Orde de constituíntes: ¿?
Número de falantes: 30 000 a 300 000
Estatus sociolingüístico: lingua minorizada de Polonia
Código do [Summer Institute of Linguistics]
[editar] Ubicación xeográfica e tipolóxica
[editar] Gramática
[editar] Ortografía
[editar] Fonoloxía e fonética
[editar] Vogais
[editar] Consoantes
[editar] Morfosintaxe
[editar] Morfoloxía e flexión
[editar] Sintaxe e principais construccións
[editar] Léxico e semántica
[editar] Sociolingüística
Sociolingüísticamente, distribúese polo rural, nomeadamente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco implementou a súa presenza na televisión e radio estatal e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxuba en 19 centros para 1470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.
[editar] Literatura
O seu sistema literario baséase en xéneros coma a poesía, a regueifa e a exaltación rexionalista, temas a prol da lexitimación que son habituais nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubo-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.