Liubliana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Información | |||
País | Eslovenia | ||
Rexión | Alta Carniola | ||
Superficie | 275 km2 | ||
Poboación | 265.881 (2005) | ||
Densidade | 966,84 h/km² | ||
www.ljubljana.si Páxina oficial |
Liubliana (API /ljʊb'ljʌna/), Ljubljana «A cidade que se ama», en esloveno, alemán Laibach, italiano Lubiana, capital de Eslovenia, está situada entre os ríos Ljubljanica e Sava. A súa poboación é de 310.000 habitantes.
[editar] Historia
Aínda que xa os romanos a chamaron Emona (Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia) e que fora erixida no s. XV a.C., o seu nome actual non é mencionado por primeira vez ata 1144 (baixo o nome alemán de Laibach) e en 1146 (co nome de Luwigana).
Despois de ter sido recoñecida como cidade en 1220, Liubliana pasou a formar parte do imperio dos Habsburgo en 1335. Converteuse no centro dunha diocese en 1461 e desenvolveu unha cultura eslovena durante a Idade Media. Os Habsburgo de Austria gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás guerras napoleónicas. Entre 1809 e 1813 Liubliana foi a capital das provincias ilirias pertencentes ao Primeiro Imperio francés. En 1821 a cidade acolle o congreso de Laibach.
Coa coalición de croatas e serbios en 1918, Liubliana converteuse no centro da Dravska banovina (o dominio do ban do Drava e, despois da Segunda Guerra Mundial, a capital da república iugoslava de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en 1991.
Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de 1511 foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de 1895, que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico.
A arquitectura da cidade é pois unha mistura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da Segunda Guerra Mundial conlevan o traballo do arquitecto esloveno Jože Plečnik.
En 1693, unha sociedade científica chamada Academia operosorum labacensis estableceuse en Liubliana e en 1701 unha sociedade filharmónica (Academia philharmonicorum). Finalmente, en 1919 Liubliana foi dotada dunha universidade e en 1937, a academia nacional das ciencias e das artes foi fundada.
[editar] Transportes
- A flota de autobuses é moderna. Os buses son coñecidos como troles, desde o tempo en que Liubliana tiña un servicio de trolebús. En 2005, a tarificación non permitía coller dous buses ou más co mesmo billete.
- Non ten metro
- A rede de taxis é parecida á de calquera cidade europea
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial da cidade (en inglés)
- Ljubljana-Life: Guía de viaxe de Ljubljana (en inglés)