Móstoles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Móstoles é o segundo concello da provincia de Madrid con maior número de habitantes despois da capital e o terceiro da zona central de España (Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela A Mancha) despois de Madrid e Valladolid, pertencente á comunidade autónoma de Madrid (España). Recentemente adoptou a Lei de Grandes Cidades. Nel se encontra o campus tecnolóxico, a sé central da Universidade Rei Xoán Carlos e a sé central das BESCAM (Brigadas Especiais da Comunidade de Madrid). É ademais unha das cidades máis limpas de España, premiada coa "vasoira de prata".
Índice |
[editar] Bandeira e escudo
A bandeira inclúe as seguintes cores: dende unha perspectiva actual, aparece o vermello, que simboliza a pertenza á Comunidade de Madrid; o azul Prusia, símbolo de identidade dos mostoleños e de pertenza á Unión Europea; e o amarelo-gualda (ouro), que expresa a prosperidade, como anhelo dos veciños procedentes de diversas rexións españolas que estableceron a súa residencia na cidade na década dos setenta do pasado século.
[editar] Extensión e poboación
- 216.463 habitantes (INE 2006). Superando a capitais de provincia como Tarragona ou San Sebastián.
- O termo municipal ten unha extensión de 45 km².
- Densidade de poboación: 4.665,6 hab/km²
- A maior parte da poboación agrúpase en torno ó casco urbano de Móstoles.
- Xentilicio: mostoleños, mostolenses ou mostoleros.
Distrito | Habitantes |
---|---|
Centro | 52.000 |
Norte-Universidade | 60.000 |
Sur-Leste | 54.000 |
Oeste | 40.000 |
Coimbra-Guadarrama | 10.000 |
TOTAL | 216.000 |
[editar] Distritos
- Centro: abrangue o centro da cidade, basicamente o casco urbano. Ten unha poboación duns 52.000 habitantes.
- Norte-Universidade: na zona norte do concello. Inclúe barrios como Los Rosales, Estoril II, Iviasa, Princesa e Parque Vosa. A poboación é de 60.000 habitantes.
- Sur-Este: comprende barrios como Villafontana, Estoril I, Cerro Prieto, Pinar de Móstoles, La Loma, etc. cunha poboación duns 54.000 habitantes.
- Oeste: os principais barrios son os do Souto, Azorín, San Fernando, Hospital e Pinares llanos. Conta con 40.000 habitantes aproximadamente.
- Coimbra-Guadarrama: abrangue a zona de Parque Coimbra e Guadarrama. É o distrito menos poboado, con 10.000 habitantes, pero é o que maior crecemento ten.
[editar] Localización
- 18 quilómetros ó sueste de Madrid, forma parte do área metropolitana da capital.
- É a capital da Zona Sur da comarca Área Metropolitana de Madrid, a cal se divide en 5 zonas. A zona Sur da comarca comprende á parte da Móstoles como capital a: Álcorcón, Aranxuez, Ciempozuelos, Fuenlabrada, Getafe, Humanes de Madrid, Leganés, Parla, Pinto, San Martiño de la Vega e Valdemoro. Tamén é capital do Sur de Madrid, que comprende a zona Sur do Área Metropolitana e as comarcas Conca do Alberche, Conca do Teixo e Sur.(esta última capitalidade non oficial disputada con Getafe).
- Coordenadas xeográficas. 40º 20' latitude norte, 3º 52' lonxitude oeste.
- O seu termo municipal limita, ó norte e oeste co de Villaviciosa de Odón, ó nordeste co de Alcorcón, ó leste co de Fuenlabrada, ó sur cos de Arroyomolinos e Moraleja de Enmedio e ó sueste co de Navalcarnero.
[editar] Distancias
- Alcalá de Henares - 40 km.
- Alcorcón - 4,3 km.
- Barcelona - 638 km.
- Fuenlabrada - 5,7 km.
- Getafe - 9,9 km.
- Leganés - 7,3 km.
- Lisboa - 608 km.
- Madrid - 18km.
- Sevilla - 536,9 km.
- Toledo - 58 km.
[editar] Transportes
[editar] En Coche
- Autovía de Estremadura A-5 (Madrid-Badaxoz-Lisboa)
- Autoestrada M-50
- Autoestrada de peaxe R-5
- Autovía M-506 a Pinto
- Estrada M-501 a Alcorcón
- Estrada M-856 a Villaviciosa
[editar] En Metro
Metro (liña 12 ou Metrosur), con cinco estacións:
- Universidade Rei Xoán Carlos
- Móstoles Central
- Pradillo
- Hospital de Móstoles
- Manuela Malasaña
[editar] En Tren
Tren de proximidades C-5 (Móstoles-Atocha-Fuenlabrada/Humanes), con dúas estacións:
- Móstoles (Móstoles Central para o metrosur)
- Móstoles El Soto
[editar] En autobús
Ofrécense liñas urbanas, interurbanas, nocturnas e de longo percorrido a localidades de Toledo: Talavera de la Reina, Mérida, Cáceres, Badaxoz; Barcelona e Zaragoza.
[editar] En avión
Está situado a uns 32-35 quilómetros do aeroporto internacional de Madrid-Barajas.
[editar] Poboacións Irmandadas
[editar] Clima
A localidade goza dun clima mediterráneo, sendo as súas temperaturas medias máximas 38º en verán e 14º en inverno, e as súas mínimas 15º en verán e 2º en inverno. A precipitación anual media é de aproximadamente 420 milímetros, as épocas máis chuviñosas son a primavera e o outono.
[editar] Infraestrutura
- Universidade Rei Xoán Carlos: en Móstoles se encontra a sé central desta universidade, a Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET) cos os departamentos de informática, estatística e telemática: tecnoloxía química ambiental e dos materiais; ciencias experimentais e de enxeñería.
- Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol.
- Hospital Xeral Universitario: pertencente ó Servizo Madrileño da Saúde.
- Centro Base de minusválidos: xestionado pola Comunidade de Madrid
- Sé central das BESCAM: policía autonómica da Comunidade de Madrid (CAM).
- Xulgados municipais
- Parque de bombeiros.
- Xefatura Provincial de Tráfico (JPT): centro de exames de Móstoles.
- Escola Oficial de Idiomas (EOI)
- Centros de xuventude
- Centros comerciais
- Teatro: conta co segundo escenario máis grande de España despois do Teatro Real de Madrid.
- Estadio El Soto: alberga o equipo de fútbol Club Deportivo Móstoles. Foi fundado en 1955 e ten unha capacidade para 14.000 asistentes.
- Estadio Andrés Torrejón: alberga o equipo de fútbol PSG Móstoles Fútbol Sala. Foi fundado en 1989.
- Praza de touros
- Biblioteca municipal
- Conservatorio Rodolfo Halffter
- Centros culturais
- Polideportivos
- Cemiterio Vello e Novo
[editar] Lugares de lecer e de interese
[editar] Edificios relixiosos
- Igrexa da nosa Señora da Asunción: É o edificio máis antigo de Móstoles. Consérvanse un ábsida semicircular de estilo mudéxar e unha torre do mesmo estilo.
- Ermida da nosa Señora dos Santos: consta dunha soa nave e ten un fermoso retablo do século XVIII (restaurado en 2005) a cuxos lados están as imaxes modernas do sagrado corazón de Xesús e María. Contén tamén espellos do século XVII, cornucopias, cadros de marcos tallados e un gran decorado. A Virxe dos Santos (patrona de Móstoles) está situada nun camarín. Existe tamén unha figura de barro que representa a San Xoán e o Neno Xesús, da escultora Luísa Roldan (A Roldana)
[editar] Edificios civís
- Casa-Museo de Andrés Torrejón: é a casa onde viviu e morreu o famoso alcalde de Móstoles, é unha pequena casa de época decorada con elementos do século XIX ó estilo antigo.
- Casa de Posas: albergará o Museo da Cidade e a sé Móstoles 1808-2008 con motivo do bicentenario do levantamento contra os franceses.
- La Casona: terá proximamente o Centro de Arte Contemporánea máis importante da Comunidade de Madrid.
- Teatro del Bosque: de recente construción, posúe un estilo moderno deseñado por Javier Mariscal, con grandes estruturas metálicas onde medran arbustos e montañas de céspede no exterior. Conta co segundo escenario máis grande de España. Á parte de representacións teatrais tamén se celebra o Festival Internacional de Cine de Comeda e entréganse os premios Cidade de Móstoles.
- Casa do concello
[editar] Monumentos e esculturas
- Praza do Pradillo: se atopan as principais e máis importantes esculturas, entre elas destacan:
- A Fonte dos peixes: é considerado o quilómetro 0 da cidade. A fonte, con dous peixes de bronce, de cuxa boca mana o auga, foi inaugurada na primavera de 1852.
- Monumento a Andrés Torrejón: Foi inaugurado en 1908 polo rei Afonso XIII, con motivo de se cumpri-lo primeiro centenario do levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid e o bando dos alcaldes de Móstoles. O monumento ten unha base de granito sobre a que repousa un anaco de montaña de rocha de Segovia. Isto representa os Pireneos. Por encima do peñón traspón unha aguia imperial, a aguia francesa con grandes alas, querendo cubri-la nosa nación, ó mesmo tempo que cunha das súas poutas pretende arrancar a coroa real do escudo de España. Ó pé do canón aparece, pequena pero airosa, a estatua do alcalde de Móstoles. Ó lado, un xinete ó galope. É o postillón que leva apresurado o célebre parte da independencia ou bando, cuxo texto figura nunha placa de bronce.
- Homenaje ós escritores máis importantes: na parte superior do pórtico situado na Praza do Pradillo hai diversos retratos dos escritores máis importantes.
- Fonte e escultura ó titiritero: áchase na Praza da Cultura.
- Glorieta do 2 de Maio: rende homenaxe á muller traballadora
- Porta de Madrid: posúe un estilo moderno e áchase no barrio de 'Los Rosales'.
- Glorieta heroes da liberdade: fai homenaxe a tódalas vítimas do terrorismo xunto á placa que se encontra no 'Parque Galicia'.
- Xardín dos planetas: un parque onde se poden atopar diversas esculturas que representan ós planetas.
[editar] Parques e zonas verdes
- Parque Natural del Soto: o máis grande de Móstoles. Ademais é coñecido internacionalmente porque nel se realizou durante varios anos ata o 2004 o Festival de Madrid de Música Alternativa, máis coñecido como FESTIMAD.
- Parque Liana: é o segundo máis grande, e xunto co anterior, son considerados os pulmóns da cidade.
- Parque Prado Ovejero
- Parque Galicia
- Parque La Mancha
- Parque Andalucía
- Parque lineal Arroyo del Soto
- Vía verde do río Guadarrama:é a plataforma dunha antiga liña ferroviaria que conectaba a capital con Almorox; actualmente as vía non se conservan, pero si unha preciosa ponte de ferro que cruza o río Guadarrama.
[editar] Prazas e Avenidas
- Praza do Pradillo: é a principal e a máis coñecida de Móstoles. Se encontra en no centro urbano. (Ver 'monumentos e esculturas').
- Praza de España: nela se encontra a Casa do concello. Está adornada con bonsais xigantes traídos dende Xapón.
- Praza da Cultura: outra das prazas que se atopan no casco urbano. Aquí se encontra o Centro da Cultura e a escultura do titiritero.
- Avenida de Portugal: é a principal arteria da cidade.
- Avenida da Constitución: comunica a Avda. Portugal coa Pza. Pradillo. As principais tendas se atopan nesta avenida.
- Avenida do Dúas de Maio: xunto coa anterior, encóntrase no centro e é unha das principais para ir de compras.
[editar] Lecer e lugares comerciais
As zonas onde hai máis ambiente nocturno están situadas en Princesa, zona do Hospital e en menor medida a zona denominada Estoril.
Limítrofe a Móstoles áchase o centro comercial e o maior parque de neve artificial de Europa Madrid Xanadú, aínda que pertence á localidade de Arroyomolinos.
O Centro Comercial Aberto Las Avenidas é un conxunto de rúas comerciais que se encontra no centro histórico.
A nivel deportivo podemos atopar os campos de fútbol Iker Casillas, os polideportivos de Andrés Torrejón, Los Rosales ou o de Villafontana e a piscina cuberta 'Las Cumbres onde se encontra un centro de spa. Móstoles ten un equipo de fútbol sala, PSG FS Móstoles, un equipo feminino de fútbol sala e un o equipo de atletismo..
[editar] Festas
A festa principal é o 12 de setembro, día da Vrxe dos santos, patroa de Móstoles. As festas do 2 de maio celébranse como conmemoración do Dous de maio de 1808 (comezo da Guerra da Independencia tralo Bando dos alcaldes de Móstoles). Sendo asumida e festexada por toda a Comunidade de Madrid dende o ano 1985. A festa do 15 de Maio e a festa da auga ten a súa orixe na que se celebraba o 28 de xuño con motivo da traída do auga a Móstoles pola Canle de Isabel II, en 1980. Posteriormente se trasladou ó 15 de maio, a facendo coincidir coa festa de San Isidro en Madrid.
Tamén existen festas por barrios ou distritos.
[editar] Tradicións
- Representación tradicional conmemorativa dos feitos de maio de 1808. Cada 2 de maio represéntase en Mostoles os feitos que acaecieron en Madrid e en Mostoles en torno a aquel dúas de maio de 1808. A cargo de mais de 300 veciños membros de asociacións e penas, ataviados con traxes de época e dirixidos por Miguel Neto, represéntase na praza de touros o acaecido na vila de Madrid aquel aciago día, asi como os dias previos e posterior ó mesmo en Mostoles.
- Durante as festas do nadal, é costume facer unha representación dun Belén vivente na Pza. Ernesto Peces.
[editar] Mostoleños ilustres
- Iker Casillas: portero do real Madrid e da selección española de fútbol.
- Rafael Martínez: medallista olímpico de ximnasia deportiva.
- Las Supremas de Móstoles: grupo musical.
- Alipio Gutiérrez: presentador de Telemadrid.
- Rubén de la Red: centrocampista do Real Madrid Castela.
- David Cobeño: portero do Sevilla FC.
- César Navas: defensa do Málaga CF.
- Andrés Miso: xogador de baloncesto do Club Baloncesto Estudantes.
- Paco Sedano e Borja Branco: xogadores do PSG FS Móstoles e da selección española de fútbol sala.
[editar] Curiosidades
- Móstoles foi a primeira vila española que proclamou a guerra contra Francia en 1808.
- O 20 de outubro de 2004 un pequeno tornado arrasou un polígono industrial causando danos estruturais.
- O 1 de decembro de 2005 na praza de touros desta localidade rexistrouse un accidente de helicóptero, afortunadamente sen danos persoais. No helicóptero atopábanse o presidente de Partido Popular (PP) Mariano Rajoy, a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre e o alcalde, Esteban Parro. Curiosamente, o mesmo día se estaban realizando as fotografías aéreas que Google emprega no seu servizo Google_Maps, polo que pode se observa-lo helicóptero na praza de touros antes de despegar.
[editar] Economía
É unha cidade que durante as tres últimas décadas foi cidade dormitorio de Madrid pero que actualmente se converteu en centro neurálxico económico e demográfico do sur de Madrid. Móstoles conta con varios polígonos industriais: Arroyomolinos, La Fuensanta, Regordoño, Los Rosales, Las Nieves e Expansión. Tamén con zonas industriais dispersas: Las Pajarillas, Las Monjas e Móstoles Industrial. Actualmente en construción o polígono industrial de La Fuensanta II.
En case tódolos casos está formado por medianas e pequenas empresas e a actividade económica predominante é a electro-sidero-metalúrxica, pero tamén é importante a industria téxtil. Conta cunha delegación municipal de promoción económica e emprego, cuxo obxectivo é facilita-lo asentamento de industrias no concello.
Na actualidade están en construción dous rañaceos que se situarán no PAU-4 (Móstoles Sur ou Manuela Malasaña), estes terán entre 40 e 50 plantas e albergará oficinas, pretende incrementa-la superficie dispoñible no concello, ademais de se erixir como símbolos do novo Móstoles e a coroa metropolitana sur. Algo moi positivo para o concello é a recente posta en funcionamento da Universidade Rei Xoán Carlos, así como a implantación do Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol no futuro Móstoles Tecnolóxico.