Múnic - München
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade alemana moi importante, capital de Baviera, coñecida polo seu equipo de fútbol (o Bayern de Múnic) e pola súa cervexa, base da chamada "Oktoberfest".
Múnic (alemán München) é a capital do estado (Bundesland) de Baviera. É, tras Berlín e Hamburgo, a terceira cidade en tamaño de Alemaña, cunha poboación de uns 1.261.000 habitantes (2003). Está á beira do río Isar.
Índice |
[editar] Historia
O asentamento foi fundado como Munichen no 1158 por Henrique o León, duque de Saxonia, e media centuria despois conseguía o título de cidade e era fortificada. Inicialmente, o bispo Otto von Freising(Freising) e Henrique disputaronlle a cidade ao emperador no Reichstag en Augsburgo; no 1180, co acordo de Henrique o León, Otto de Wittelsbach físoxe duque de Baviera, fundando a disnatía Wittelsbach, que dirixiría Baviera até 1918. No 1255, o ducado de Baviera dividiuse en dous, e Múnic converteuse na capital da Alta Baviera.
No 1327, a cidade enteira foi destruída polo lume, pero reconstruída con éxito algúns anos despois por Luís IV, quen detentaba daquela o trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. No 1632 a cidade caeu baixo control de Gustavo Adolfo II de Suecia na Guerra dos Trinta anos, pero no 1705 foi reconquistada polos Habsburgo. A primeira institución académica da cidade, a academia Bávara de Ciencias, foi fundada na cidade no 1759.
Edificio BMW en Munich, Alemania
(un dos poucos edificios que foron construídos de arriba abaixo)
e o museo BMW
A cidade creceu de xeito rápido até converterse nunha das maiores cidades da Europa continental. No 1806, chegou á capitalidade do estado monárquico bávaro, sede do parlamento estatal (Landtag) e da nova arquidiócese de Múnic e Freising. Vinte anos despois outra prestixiosa institución educativa, a Universidade Landshut, asentouse en Múnic.
Moitos dos mellores edificios da cidade datan deste periodo, baixo o estilo de arquitectura Maximiliano, nomeado así polo rei Maximiliano I. Estes edificios inclúen a Ludwigstraße, a Ruhmeshalle, e a Königsplatz construídos polos arquitectos Leo von Klenze e Friedrich von Gärtner, e a estatua "Baviera", feita por Schwanthaler.
En 1882 introduciuse a iluminación eléctrica e a cidade foi a sede da primeira exhibición de electricidade en Alemaña. Dezanove anos despois o Zoo Hellabrunn abriu na cidade. Tras a I Guerra Mundial, a cidade foi o centro que deu a Adolf Hitler e aos nazis o comezo do poder sobre Alemaña. No 1923 Hitler e os seus seguidores concentráronse na cidade para tratar de derrocar o goberno e coller o poder, revolta que foi un fracaso, co resultado do arresto de Hitler e o Partido Nacional-Socialista virtualmente descoñecido fora de Múnic. Porén, a cidade volveu ser un dos baluartes nazis de novo cando conseguiron o poder en 1933.
En 1938, asinouse o Pacto de Múnic, co que os Sudetes, antes checoslovacos, pasaron a Alemaña. Este tratado foi asinado por representantes de Alemaña, Italia, Francia e Gran Bretaña. Un ano despois, no 1939, efectuouse en Múnic un intento de asasinato de Hitler. Puido variar o rumbo da historia, pero fallou.
Múnic foi a cidade da Rosa Branca (en alemán: Die Weiße Rose), un grupo de estudantes que formou un movemento de resistencia de xuño de 1942 a febreiro de 1943. Foron arrestados a continuación da distribución de panfletos na Universidade de Múnic.
A cidade foi duramente castigada durante a II Guerra Mundial e, despois da ocupación americana no 1945, foi reconstruída a partir dun ambicioso plan mestre.
[editar] Para ver
A cidade ten varios museos de arte importantes, entre os que se atopa a Alte Pinakothek (vella pinacoteca), Neue Pinakothek (nova pinacoteca) e a Pinakothek der Moderne (pinacoteca de arte moderna) . Foi tamén o lugar do Blaue Reiter, grupo de artistas anterior á I Guerra Mundial.
Outras atraccións turísticas famosas inclúen o Xardín Inglés (Englischer Garten), Un parque axardinado próximo ao centro da cidade que conta cun área nudista, o Deutsches Museum (Museo de Ciencias), e o Rathaus-Glockenspiel, un reloxo ornamental con figuras móbiles na Casa do Concello. Pode que a máis famosa atracción de Munich sexa a Oktoberfest, unha celebración de dúas semanas en relación coa cervexa (de finais de setembro a primeiros de outubro, todos os anos).
Máis edificios famosos son a Frauenkirche (Catedral da Nosa Señora) e o Olympiaturm (Torre Olímpica, unha estación de radio e TV).
A Olympiaturm lembra o masacre de Múnic, ocorrido nas Olimpiadas de 1972 que tiveron lugar en Múnic, na que terroristas armados do grupo palestino "Setembro Negro" colleron como reféns ao equipo olímpico israelí. Unha tentativa de rescate foi infructuosa, co resultado da morte dos israelís hospedados, 5 terroristas, e un policía alemán. Tamén tivo lugar na cidade a Copa Mundial de Fútbol 1974.
[editar] Arredores
Situada na chaira de Voralpenland ("terra antes de chegar aos Alpes"), a aglomeración muniquesa exténdese sen límites xeográficos. Hoxe son varias as cidades tradicionais bávaras que forman parte dos suburbios e son adecuadas para a súa visita se vostede esgotou as visitas no centro.
- Dachau
- Fuerstenfeldbruck
- Freising
- Erding
[editar] Visitas
- Palacio Nymphenburg
- Palacio Oberschleissheim
[editar] Economía
En Múnic están as sedes centrais de Allianz AG (seguros), BMW (automóbiles) e Siemens AG (electricidade e electrónica).
[editar] Miscelánea
[editar] Transporte
O aeroporto de Múnic, chámase Franz Josef Strauß International Airport na honra de Franz Josef Strauß.
[editar] Universidades
- Ludwig-Maximilians-Universität München
- Technical University of Munich
- Munich University of Applied Sciences
[editar] Está irmandada con
- Bordeos, Francia desde 1964
- Cincinnati, Estados Unidos desde 1989
- Edimburgo, Escocia desde 1954
- Harare, Cimbabue desde 1996
- Kiev, Ucraína desde 1989
- Sapporo, Xapón desde 1972
- Verona, Italia desde 1960
[editar] Ligazóns Externas
- O sitio web da cidade.
- Oktoberfest con información en inglés e alemán.