Mošovce
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mošovce é un dos pobos meirandes da rexión de Žilina en Eslovaquia.
Índice |
[editar] Xeografía
- Altitude: 548 metros.
- Latitude: 48º 54' N
- Lonxitude: 018º 54' E
[editar] Historia
Moitos dos edificios históricos preservados teñen 770 anos de existencia. A primeira vez que foi nomeado, foi no documento da donación do rei Andrés II. Orixinariamente Mošovce constaba de dúas partes: A primeira Machyuch estaba situada no lugar do Starý Rad actual, e a segunda Terra Moys, que lle deu ó pobo o seu nome actual, ocupou a localidade da actual Vidrmoch. E pola causa do nome da segunda parte que significa A Terra de Mojš, hoxe creemos que o pobo enteiro pertencía a un Sr. Mojš, cuio nome podería ser unha abreviación do nome eslavo composto Mojtech, parecido a nomes como Vojtech ou Mojmír. Durante a súa historia, o nome do pobo sostivo moitas variacións: Mossovych, Mosocz, Mossowecz, villa regia Mayos alio nomine Mossovych, oppidioum Mayus sue Mosocz, Mosocz olim Mayus, ó actual Mošovce.
O nome dunha parte vella de Mošovce, o antigua sitio Chornukov, se conservou na forma moderna de Čerňakov.
Ante todo Mošovce desenrolouse como un lugar real cunha avogacía libre, e dende a metade do século XIV como un pobo privilexiado, subordinado ó castelo real de Blatnica. No ano 1527 pasou a súa posesión da familia Révay que suprimiu os privilexios do pobo Mošovce durante 400 anos.
No pasado, Mošovce era un centro importante das artes da rexión de Turiec - Os artesáns e as súas atres desenrolábanse rápidamente. Como resultado, no pobo había aproximadamente 15 gremios activos: o gremio de zapateiro e os máis famosos peleteiros sobreviviron longo tempo. O Mošovce de hoxe pódese caracterizar como una importante zoa turística con moitos interesantes monumentos.
[editar] Monumentos
Un dos monumentos máis notables é o castelo rococó-clásico da segunda metade do século XVIII cun extenso parque inglés. Outros sitios inclúen: O lugar de nacemento de Ján Kollár, unha igrexa neogótica católica cun altar valuable, construida no sitio do seu predecesor máis antiguo, unha igrexa evanxélica construida no ano 1784, un mausoleo no que agora encóntrase o Museo das Artes, un invernáculo moderno e un pabellón do ano 1800.
[editar] Natureza
Os alrededores de Mošovce son en verdade únicos. Un complexo de avenidas de árbores históricas e pequenos bosques constitúen un escenario estético e impresionante, que parece como unha extensión do escenario dos bosques da cordilleira de Veľká Fatra. Este sistema de montañas é unho das máis atractivos en Eslovaquia. Formacións calizas e dolomitas de formas fantásticas xunto a unha natureza fermosísima nos vales cercanos de Blatnica e Gader que atraen a xente de tódalas partes do mundo.
[editar] Cultura e tradicións
Mošovce produciu moitas personalidades importantes. As máis grandes son Frico Kafenda (1883-1963), compositor; Anna Lacková-Zora (1899-1988), escritor; Štefan Krčméry (1892-1955), crítico literario e poeta; Júr Tesák Mošovský, dramaturgo barroca; y Miloslav Schmidt, e fundador de bombeiros voluntarios en Eslovaquia.
Pero a persoalidade probablemente máis importante que naceu en Mošovce é o grande poeta do pobo eslavo, filósofo, predicador, que influiu a literatura de al menos dúas nacións coa súa composición poética Slávy Dcera. A súa obra debe ser xulgada por sela base para os seus compatriotas e activistas nacionalistas. Foi traducida a varias linguas eslavas e non eslavas.
[editar] Ligazóns externas
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mošovce