París-Dakar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
A táboa da sección de gañadores do dakar necesita unha revisión
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
O Rallye Dakar (anteriormente Rallye París-Dakar) é unha competición de motor anual disputada durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado como o Rallye máis duro do mundo. Durante o tempo que dura a proba, leva aos corredores dende algunha cidade europea, ata a cidade de Dakar, Senegal. Durante moitos anos partiu de París, pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comeza ata que se entra no continente africano.
A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un Rallye convencional. Os vehículos participantes son completamente todoterreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación.
A inscrición na proba é aberta, o cal convértea na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores amateurs chega con frecuencia ao 80% dos inscritos.
Índice |
[editar] Historia e trazado

A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rallye. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.
O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elíseos a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa.
A rota no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.
[editar] Vehículos e clases
Existen tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).
[editar] Motocicletas
Trátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:
- Máis de 450 cm3
- maratón: motocicletas de serie.
- Quads
[editar] Coches
Algunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.
Divídese nas seguintes subcategorías:
- T1: vehículos de serie.
- T2: vehículos de serie modificados.
- T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.
[editar] Camións
Considérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.
Durante os anos 1980, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.
[editar] Mortes no Dakar
Dezasete participantes morreron durante a disputa dalgunha das edicións do Rallye Dakar:
- 1979: Patrick Dodin, motorista, por mor dunha caída.
- 1982: Bert Oosterhuis, motorista, por mor dunha caída.
- 1983: Jean Noël Pineau, motorista, por mor dun atropelo.
- 1986: Yasuo Kaneko, motorista, nun accidente.
- 1988: Kees Van Loevezijn, copiloto de camión, nun accidente.
- 1988: Patrick Canado, copiloto, nun accidente.
- 1991: Charles Cabanne, condutor de camión, por un disparo.
- 1992: Jean Marie Sounillac e Laurent Lle Bourgeois, piloto e copiloto de camión, nun accidente.
- 1992: Gilles Lalay, motorista, por unha caída.
- 1994: Michel Sansen, motorista, por unha caída.
- 1996: Laurent Gueguen, condutor de camión, por unha explosión.
- 1997: Jean Pierre Leduc, motorista, por unha caída.
- 2003: Bruno Cauvy, copiloto de coche, nun accidente.
- 2005: José Manuel Pérez, motorista, por unha caída.
- 2005: Fabrizio Meoni, motorista, por unha caída.
- 2006: Andy Caldecott, motorista, por unha caída.
O número de falecidos elévase por enriba da media centena se se engaden as mortes doutras persoas, dende nenos e mulleres de localidades africanas, a mecánicos ou xornalistas que cubrían o evento.
Thierry Sabine, fundador da proba, faleceu en 1986 durante a disputa do rallye, ao estrelarse o helicóptero en que viaxaba, xunto a outros catro pasaxeiros.
[editar] Ganadores do Rallye Dakar
Ano | Coches (piloto/copiloto) | Fabricante | Motos | Fabricante |
2006 | Luc Alphand/Gilles Picard
|
|||
2005 | Stephane Peterhansel/Jean Paul Cottret
|
|||
2004 | Stephane Peterhansel/Jean Paul Cottret
|
|||
2003 | Hiroshi Masuoka/Andrea Schulz
Template:JAP || align="center" | Mitsubishi || align="center" | Richard Sainct |
|||
2002 | Hiroshi Masuoka/Pascal Maimon
Template:JAP || align="center" | Mitsubishi || align="center" | Fabrizio Meoni |
|||
2001 | Jutta Kleinschmidt/Andrea Schulz
Template:GER || align="center" | Mitsubishi || align="center" | Fabrizio Meoni |
|||
2000 | Jean Louis Schlesser/Henri Magne
|
|||
1999 | Jean Louis Schlesser/Philippe Monet
|
|||
1998 | Jean Pierre Fontenay/Gilles Picard
|
|||
1997 | Kenjiro Shinozuka/Henri Magne
Template:JAP || align="center" | Mitsubishi || align="center" | Stephane Peterhansel |
|||
1996 | Pierre Lartigue/Michel Perin
|
|||
1995 | Pierre Lartigue/Michel Perin
|
|||
1994 | Pierre Lartigue/Michel Perin
|
|||
1993 | Bruno Saby/Dominique Seriyes
|
|||
1992 | Hubert Auriol/Philippe Monnet
|
|||
1991 | Ari Vatanen/Bruno Berglund
Template:FIN || align="center" | Citroën || align="center" | Stephane Peterhansel |
|||
1990 | Ari Vatanen/Bruno Berglund
Template:FIN || align="center" | Peugeot || align="center" | Edi Orioli |
|||
1989 | Ari Vatanen/Bruno Berglund
Template:FIN || align="center" | Peugeot || align="center" | Gilles Lalay |
|||
1988 | Juha Kankkunen/Juha Piironen
Template:FIN || align="center" | Peugeot || align="center" | Edi Orioli |
|||
1987 | Ari Vatanen/Bernard Giroux
Template:FIN || align="center" | Peugeot || align="center" | Cyril Neveu |
|||
1986 | René Metge/Dominique Lemoyne
|
|||
1985 | Patrick Zaniroli/Jean Dá Silva
|
|||
1984 | René Metge/Dominique Lemoyne
|
|||
1983 | Jacky Ickx/Claude Brasseur
|
|||
1982 | Claude Marreau/Bernard Marreau
|
|||
1981 | René Metge/Bernard Giroux
|
|||
1980 | Freddy Kottulinsky/Fred Luffelman
|
|||
1979 | Genestier/Terbiaut/Lemordant
|
Dous pilotos conseguiron gañar o Rallye Dakar nas dúas disciplinas de motos e coches: Hubert Auriol e Stephane Peterhansel.
[editar] Españois no Dakar
O catalán Nani Roma foi o primeiro español en gañar o Dakar, na categoría de motos, en 2004. Piloto na categoría de coches dende 2005, en 2006 foi 3º da clasificación xeral.
Marc Coma gañou o Dakar na edición de 2006, tamén en categoría de motos, cunha KTM. Anteriormente, fora 2º en 2005.
O primeiro español en atinxir o podio foi Carlos Mais, cunha Yamaha en 1990, ao acabar 2º.
Jordi Arcaróns é o español máis laureado. Foi 2º en 1994 (Cagiva), 1995 (Cagiva), 1996 (KTM) e 2001 (KTM), e 3º en 1992 (Cagiva) e 1993 (Yamaha).
Carlos Sotelo foi 3º en 1996, con KTM.
Óscar Gallardo foi 2º en 1997 (Cagiva) e 2000 (BMW).
Miguel Prieto foi o primeiro español que alcanzou o podio na categoría de coches. Logrouno en 1999, ao acabar 2º, aos mandos dun Mitsubishi. Outros españois que destacaron na proba africana son Josep María Serviá, Salvador Serviá, Carlos Sainz e José Luís Monterde.
Tamén é de salientar a actuación do motorista Chileno Carlo de Gavardo, 3º en 2001 con KTM.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial do París-Dakar
- Imaxes dos participantes ao seu paso por Melilla