Política agrícola común da UE
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A política agrícola común da UE (PAC), é un dos elementos esenciais do sistema institucional da Unión Europea (UE).
Os Tratados de Roma que estableceron a PAC, dispuxeron que a UE debía:
- incrementar a produtividade.
- garantir un nivel de vida equitativo á poboación agrícola.
- estabilizar os mercados.
- garantir a seguridade dos fornecementos e asegurar ó consumidor subministros a prezos razoables.
A PAC contribuíu ó crecemento económico e logrou garantir o subministro dunha ampla gama de produtos alimenticios de calidade a prezos razoables. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos agrícolas a nivel mundial.
A PAC acapara cerca de 50.000 millóns de euros anuais, o 50% do presuposto comunitario, inda que está descendendo o seu peso no PIB da UE (0,43% en 2004) e espérase que diminúa máis nos próximos anos (0,33% en 2013).
A reforma da PAC, acordada en 2003, cambiou a forma en que a UE apoia ó sector agrícola a partir de 2005, xa que establece un pago desvencellado da colleita, é dicir, unha axuda que se abona independentemente de que o agricultor produza ou non e que se denomina "pago único por explotación".
[editar] Véxase tamén
- Economía da Unión Europea
- Infraestructuras da Unión Europea
- Sicco Mansholt