San Petersburgo - Санкт-Петербург
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: San Petersburgo (homónimos)
Cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Neva no Golfo de Finlandia.
[editar] Demografía
Tén na actualidade aproximadamente 9 millóns de habitantes.
[editar] Historia
Foi o tsar Pedro I en persoa quen nun xesto simbólico colocou a primeira pedra da fortaleza sobre o Neva. A súa intención era a de "europeizar" Rusia, e crear unha corte digna de tan grande imperio, emulando os pazos imperiais de Viena. Os cortesáns foron obrigados a trasladarse á nova cidade. Durante a súa construcción morreron miles de servos, incluso os visitantes eran obrigados a colaborar dalgún xeito na construcción.
Trala Revolución Bolchevique de 1917, a cidade pasou a denominarse Petrogrado. E trala morte de Lenin, adxudicaríaselle o nome de Leningrado. Tralo colapso da Unión Soviética, volvería ó seu nome orixinal.
[editar] Lugares salientables
- O Hermitage, unha das mellores pinacotecas do mundo.
- O Pazo de Inverno e a praza. Sede do goberno e lugar dos tráxicos acontecementos da Revolución Bolchevique.
- Fortaleza de San Pedro e San Pablo.
- Catedral de Santo Isaac.
- Teatro Mariinski
- Teatro Mussorgski
- Liceo Pushkin, antiga residencia da zarina Caterina.