Supermarine Spitfire
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Supermarine Spitfire | |
---|---|
Spitfire VIII MT928 | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Supermarine |
Primeiro vóo | 5 de marzo de 1936 |
O Supermarine Spitfire é un avión de caza usado pola RAF e moitos países aliados durante a Segunda Guerra Mundial.
Producido por Supermarine, o Spitfire foi deseñado por R.J. Mitchell, que continuou mellorándoo ata a súa morte en 1937, o Spitfire prestou servizo durante a totalidade da II GM en todos os teatros de guerra, e en diferentes variantes, durante a Batalla de Inglaterra (1940), demostrou a súa efectividade en combate, derrubando a maioría de cazas alemás, mentres o Hawker Hurricane, ó ser más pesado e resistente, derrubaba bombardeiros. O seu primeiro voo foi 5 de marzo de 1936, fabricáronse 22.000 avións en máis de 40 versións entre 1938 e 1948 e retirouse na RAF en 1952.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Desenvolvemento
O prototipo do Spitfire, coñecido com F37/34 ou Supermarine 300, voou por primeira vez o 5 de marzo de 1936 na fabrica de Eastleigh, preto de Southampton. A finais dese ano instalóuselle un armamento de oito ametralladoras e comezaron as probas operacionais. Antes diso, en xuño, o Ministerio do Aire británico xa asinara un contrato con Supermarine Aviation para mercar 310 avións.
O primeiro Spitfire de serie voou case dous anos despois, o 11 de maio de 1938, un ano máis tarde do previsto. Estaba equipado coa nova versión do motor Merlin, que lle daba unha velocidade de 470 millas/hora, cando o prototipo o voara a un máximo de 380. Isto puxo de manifesto un problema que tiña o Spitfire e que sería arranxado moito máis adiante: as superficies de control eran de revestimento textil, e a velocidades por riba das 400 millas/hora inchábanse e facían o avión practicamente ingobernable.
O 12 de xullo de 1938 comezouse a construír preto de Birmingham a fábrica onde se producirían os Spitfire. En agosto chegarían os primeiros avións a unidades operativas, concretamente aos Escadróns 19 e 66 da RAF baseados no aeródromo de Duxford. Eses dous escadróns terían todos os seus aparatos a finais dese ano.
Durante eses primeiros meses de servizo faríanse modificacións no Spitfire Mk I. Primeiro cambiouse a hélice bipala de madeira de paso fixo por outra tripala de dobre paso; pasouse de usar gasolina de 87 octanos a usar a de 100, que incrementaba a potencia do motor Merlín case 300 cabalos, chegando ata os 1.310, usando un sobrecompresor; e todos os avións foron equipados con radio e con blindaxe diante e detrás do piloto.
[editar] Segunda Guerra Mundial
O Spitfire entrou en combate xa ao principio da guerra, aínda que as incursións da Luftwaffe en Gran Bretaña foron escasas ata o inicio da batalla de Inglaterra, a mediados de 1940. Comprobouse entón que era preciso revisar o armamento que equipaba o avión. As oito ametralladoras do Mk I eran demasiado lixeiras, e moitos bombardeiros alemáns conseguían regresar ás súas bases con decenas de buratos de bala. Os Bf 109 alemáns so equipaban tres armas, pero eran máis pesadas e concentraban máis os disparos que as do Spitfire, que as levaba distribuídas ao longo das ás.
O feito de que as armas estivesen distribuídas dese xeito tamén afectaba ao comportamento do avión. Cando a súa munición se consumía a distribución do peso do Spitfire cambiaba, modificando o comportamento en vóo do avión. Facíase entón preciso pasar aos canóns, pero os intentos de instalalos nas ás fallaron, e estas tiveron que redeseñarse. O novo armamento probouse por primeira vez en xullo de 1939.
Seis meses despois entraría en combate o primeiro Spitfire equipado con canóns atacando a un bombardeiro Heinkel He 111. A súa arma de estribor atascouse despois do primeiro disparo, pero a de babor funcionou normalmente e alcanzou ao avión alemán, que sería rematado polas ametralladoras dun Hurricane.
[editar] Características técnicas
Características da primeira versión: Mk I
Caza monopraza, o spitfire tiña unha lonxitude de 9.12 metros e unha altura de 3.48 cun peso en valeiro de 2.313 kg. O motor era un Rolls-Royce Merlin 45 de 1.470 CV de potencia. Chegaba a alcanzar os 605 km/h e tiña unha autonomía de voo de 760 km, podía chegar a unha altura de 11.300 m.
[editar] Galería de imaxes
Spitfire en Calvados, Normandía, Francia |