William Blake
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
William Blake (28 de novembro de 1757 – 12 de agosto de 1827) foi un poeta inglés, visionario, pintor, e impresor. Ampliamente recoñecido durante a súa vida, a súa obra é hoxe considerada fecunda e significativa tanto na poesía como nas belas artes. Con frecuencia é considerado como o escritor máis espiritual do seu tempo.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo dun chapeleiro, desde a infancia mostrou unas asombrosas aptitudes tanto para o debuxo como para a poesía. Aos dez anos foi enviado a unha escola de debuxo, onde, á par, comporá os seus primeiros poemas. Alumno do gravador James Basire, foi encargado de debuxar as antigüidades da abadía de Westminster e doutros vellos edificios, lugares que non deixaron de exercer unha viva influencia sobre a súa imaxinación melancólica.
Gravou numerosas ilustracións para libros de Stothard e con os propios deseños. Participa, de xeito moi impulsivo, nos motíns de 1780, diante do cárcere de Newgate, a Bastilla londinense. Casado en 1783 consonte aos seu gusto (ensinará a súa muller Catherine a ler, a escreber e a iluminar gravados), soñou en plamar con pluma e xiz as visións que enchían o seu cerebro.
Un primeiro opúsculo, Poetical Sketches (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprensa das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os Songs of Innocence (Cantos de Inocencia), ornamentados con os propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: Books of Prophecy (1791) (Libros de profecía); Gates of Paradise (1793) (As portas do Paraíso) ; America, a prophecy (1793) (América, unha profecía); Europe, a prophecy (1794) (Europa, unha profecía); Songs of Experience (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou The Marriage of Heaven and Hell (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), sátira de "Heaven and Hell" de Emmanuel Swedenborg.
En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en Felpham, perto do poeta Hayley, para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos voltou para Londres.
Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de Robert Blair: The Grave (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa gran estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: Xerusalén, emanación do xigante Albion, Milton, un poema (1804), Xob (1826), etc. O máis orixinal é Xob, con gravuras máis definidas.
Todos estes volumes son hoxe buscadísimos, en especial os exemplares coloreados polo mesmo artista.
[editar] As visións de Blake
Desde novo, William Blake proclamou ter visións. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en Peckham Rye, London, cando manifestou ter visto unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo victoriano de Blake, Gilchrist, voltou a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobretodo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.
Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".
Blake manifestou experimentar visións toda a súa vida. Soían estar relacionadas con fermosos temas e imaxes relixiosas, e puideron inspirarlle as súas obras e anhelos espirituais. De certo, conceptos e imaxes relixiosos figuran de maneira central nas obras de Blake. Os paradigmas de Deus e a Cristiandade constitúen o foco intelectual dos seus escritos. Ademais, Blake cría que era instruído e animado persoalmente por arcanxos para crear as súas obras artísticas, que manifestaba que eran lidas e gozadas por eses mesmos arcanxos.
É difícil, senón banal, interpretar medicamente a natureza do estado mental de Blake. Algúns psiquiatras cren que puido sufrir algunha forma de esquizofrenia. William Wordsworth escrebeu: "Non ha dúbida que este pobre home estaba tolo, mais ha algo na tolería deste home que me interesa moito máis que a saúde de Lord Byron e Walter Scott"
[editar] Bibliografía de Blake
[editar] Libros Ilustrados do mesmo W. Blake
- c.1788: All Religions Are One
- There Is No Natural Religion
- 1789: Songs of Innocence
- The Book of Thel
- 1790–1793: The Marriage of Heaven and Hell
- 1793: Visions of the Daughters of Albion
- America: a Prophecy
- 1794: Europe: a Prophecy
- The First Book of Urizen
- Songs of Experience
- 1795: The Book of Los
- The Song of Los
- The Book of Ahania
- c.1804–c.1811: Milton: a Poem
- 1804–1820: Jerusalem: The Emanation of The Giant Albion
[editar] Libros alleos ilustrados por Blake
- 1791: Mary Wollstonecraft, Original Stories from Real Life
- 1797: Edward Young, Night Thoughts
- 1805-1808: Robert Blair, The Grave
- 1808: John Milton, Paradise Lost
- 1819-1820: John Varley, Visionary Heads
- 1821: R.J. Thornton, Virgil
- 1823-1826: The Book of Job
- 1825-1827: Dante, The Divine Comedy
[editar] Museos
Escolma de museos que posúen obras de William Blake: