Afonso VII de Castela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afonso Raimúndez, Afonso VII de Castela, o Imperador, (Caldas de Reis, 1 de marzo de 1105 - Fresneda (talvez El Viso del Marqués, 21 de agosto de 1157), foi un rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.
Afonso VII foi o último rei de Galiza e quen integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaban os Traba. Pero tamén foi o rei que inaguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
Índice |
[editar] Rei de Galiza, León e Castela
Foi proclamado rei de Galiza en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde o Bispo Diego Xelmírez consagrauno como monarca na catedral compostelá.
O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.
Apesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.
[editar] Aspiracións territoriais
Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. Apesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, submetendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pirineos, controlou amplos territorios do sul da Francia, chegando até o río Ródano.
Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.
En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os limites da reconquista para cada un dos dous estados.
[editar] Reconquista
Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.
En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.
En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu encanto regresaba a León. Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de León e o Reino de Castela.
[editar] Matrimonio e descendencia
En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, por tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:
- Sancho III de Castela (1134 - 1158), rei de Castela entre 1157 e 1158.
- Ramón de Castela (1136 - 1151)
- Sancha de Castela (1137 - 1179), casada en 1157 co rei Sancho VI de Navarra.
- Fernando II de León (1137 - 1188), rei de León entre 1157 e 1188.
- Constanza de Castela (1141 - 1160), casada en 1154 co rei Luis VI de Francia.
- Garcia de Castela (1142 - 1146)
- Alfonso de Castela (1145 - 1149)
En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislao II de Polonia. Tiveron dous fillos:
- Fernando de Castela (1153 - 1155)
- Sancha de Castela (1156 - 1208), casada en 1174 co rei Afonso II de Aragón.
Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:
- Urraca Afonso de Castela (1126 - 1189), casada en 1144 co reu García Ramírez de Navarra "o Restaurador".
Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:
Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Dona Urraca |
Afonso VII de Castela (1111-1157) |
Precede a: Fernando II de León |
Borgoña |
Reino de León | ||
---|---|---|
Segue a: Dona Urraca |
Afonso VII de Castela (1126-1157) |
Precede a: Fernando II de León |
Borgoña |
Reino de Castela | ||
---|---|---|
Segue a: Dona Urraca |
Afonso VII de Castela (1127-1157) |
Precede a: Sancho III de Castela |
Borgoña |
[editar] Bibliografía
- D. Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba Antonio López Ferreiro, 1885, Reeditado en Noia, Editorial Toxosoutos, 2006.
- The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII 1126-1157 Bernard F. Reilly, Philadelphia : University of Pennsylvania Press, [1998] ISBN 0-8122-3452-9